CA creará unha nova empresa municipal de vivenda que actúe tamén no mercado do alugueiro

Compostela Aberta propón que a nova empresa municipal “promova a construcción de vivendas a prezo taxado nos solares municipais, pero sobre todo que poña vivendas baleiras no mercado do alugueiro, a prezos sociais”
  • María Rozas insiste en que “a Xunta debe exercer as súas competencias e impulsar a construción de vivenda protexida en Santiago”

Compostela Aberta aposta pola creación unha nova Empresa Municipal de Vivenda, “que vaia un paso máis alá do que foi a antiga Emuvissa e que, ademais de dedicarse á construción de vivenda para a venda a prezo taxado, poña no mercado pisos en réxime de alugueiro a prezos asequibles”. Explicouno María Rozas, que incidiu en que “o da vivenda é un dos principais retos que tén por diante Santiago, e hai que afrontalo con todas as ferramentas que tén a administración local ao seu dispor, sen esquecer que é a Xunta quen tén as competencias e quen debe impulsar a construción de vivendas protexidas na capital galega, algo que non fixo na última década”.

A candidata de Compostela Aberta á  alcaldía lembrou que “o acceso á vivenda en Santiago leva moitos anos sendo un problema para as familias, que en moitos casos se viron obrigadas a comprar en municipios limítrofes como Ames ou Teo”. Na actualidade, insistiu María Rozas, “as dificultades non se limitan á compra, senón tamén ao alugueiro, e delas nin sequera escapan os estudantes universitarios”. A concelleira explicou que “tal e como se extrae dos datos de diferentes portais inmobiliarios, o  prezo do alugueiro en Santiago situábase en abril en 8,2 euros por metro cadrado, fronte aos 5,8 euros/metro cadrado de 2018”. Por iso, incidiu, “é preciso procurar fórmulas que faciliten o acceso ao alugueiro, e a nova Empresa Municipal de Vivenda debe atender tamén esa demanda”.

Alugueiro a prezos taxados

María Rozas explicou que a nova Empresa Municipal de Vivenda que propón Compostela Aberta “non se limitará a promover a construción como facía a antiga Emuvissa, senón que tamén impulsará diferentes medidas para poñer no mercado vivendas en alugueiro a prezos inferiores aos do mercado e mesmo prestará servizos de asesoramento”. Así, CA prevé a posta en marcha dun programa de incentivos para mobilizar a vivenda baleira e que sexa posta no mercado do alugueiro “seguindo a estela do programa Aviva Compostela que impulsamos no pasado mandato, e que entendemos que acadaría un mellor funcionamento no novo escenario de regulación dos pisos de uso turístico”. Ademais, “a empresa municipal de vivenda tamén poría en marcha axudas á rehabilitación a cambio da cesión dos inmobles para o alugueiro a prezos sociais”. Na mesma liña, CA propón un plan específico para a rehabilitación de vivendas para o estudantado “que poderían ser utilizadas durante o curso para o alugueiro á poboación universitaria, e que nos meses de verán estarían libres para outros usos”. O obxectivo, explicou, “é frear o éxodo de estudantes a municipios limítrofes, porque entendemos que a poboación universitaria é parte fundamental da vida  de Santiago”.

María Rozas explicou que Compostela Aberta tamén prevé no seu programa “o fomento de vivendas cooperativas e colaborativas en réxime de cesión de uso, mediante a saída a concurso de solares municipais e establecendo as bonificacións fiscais nos impostos municipais que sexan posibles”. Relacionado con este modelo, explicou, tamén se prevé a creación de vivenda cooperativa interxeracional con espazos compartidos, como alternativa á institucionalización en residencias. En canto á vivenda en réxime de venda a prezo taxado, Rozas sinalou que a nova empresa municipal de vivenda promoverá a construcción de nova edificación nos solares municipais, a prezos taxados inferiores aos do mercado. 

Unha Xunta que non cumpre

A candidata de CA reiterou que as medidas que se impulsen desde a administración local “deben ser complementarias das que poña en marcha a Xunta, que é quen tén a competencia de vivenda e é quen abandonou as súas responsabibilidades no que tén que ver coa capital galega”. Nese sentido, lembrou que “o Goberno galego estivo máis dunha década sen impulsar a construción de vivenda protexida en Santiago, mentres temos máis de 800 persoas inscritas no rexistro único de demandantes de vivenda protexida”. Para María Rozas, “esta situación contribuiu tamén a que non se freara a tempo a escalada de prezos da vivenda en Compostela, coas consecuencias que todas sufrimos hoxe”.

A maiores, sinalou Rozas, “a Xunta tivo unha actitude obstrucionista cando desde o Goberno Compostela Aberta iniciou o camiño para a regulación de pisos turísticos que concluiu neste mandato, e animou a proliferación das VUTs que tamén incidiu negativamente nos prezos do alugueiro”. Para a candidata de CA, “o Goberno galego foi irresponsable nas súas políticas de vivenda en Santiago, e no próximo mandato debe reconducir a situación e impulsar a construción de vivenda protexida na nosa cidade”

Outras medidas

María Rozas tamén deu conta doutras medidas incluídas no programa de Compostela Aberta, relacionadas coa rehabilitación. Para a candidata de CA, “é necesario incrementar a dotación económica das axudas para a rehabilitación de vivendas que sexan residencia habitual das persoas beneficiarias, así como doutras subvencións para a instalación de ascensores, renovación de carpinterías e illamentos ou mellora enerxética”. Tamén apostou por avanzar na redacción de estudos de detalle para permitir a instalación de ascensores, mesmo en barrios que non están nos ámbitos das Áreas de Rehabilitación Integral.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo