CA demanda a creación dun servizo de aerobús que conecte directamente a intermodal co aeroporto Rosalía de Castro

O concelleiro Jorge Duarte lembra que “a liña 6 na que o Goberno de Bugallo incluíu o servizo ao aeroporto está colapsada, e existe un enorme malestar entre os seus usuarios”
  • CA pedirá no próximo Pleno que o Goberno cumpra o seu compromiso de manter os postos do persoal que atendía a liña ao aeroporto

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte demandou hoxe a creación dun servizo de aerobús, “un autobús lanzadeira que conecte directamente a estación intermodal co aeroporto Rosalía de Castro, sen paradas urbanas e con tarifas diferenciadas”. O edil incidiu en que esta liña, “que debe ser xestionada a través da empresa municipal Tussa, permitiría mellorar o servizo non só ás persoas usuarias da terminal de Lavacolla senón tamén á veciñanza de Santiago que está a denunciar o mal funcionamento e a saturación da liña 6”. 

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que insta o Goberno local a impulsar o servizo de aerobús a través de Tussa, e demanda que a empresa municipal restableza a normalidade e o correcto funcionamento da liña 6 do transporte público. Tal e como explicou Jorge Duarte, “desde que o servizo de bus ao aeroporto se integrou na liña 6 do transporte urbano, en decembro, os autobuses están colapsados”. O concelleiro lembrou que “son moitas as queixas que vén recibindo o Concello por este motivo, xa que son moitas as persoas usuarias que teñen quedado nas paradas urbanas da liña, sen poder subir ao autobús porque xa superaba o seu aforo, unha situación que se está a ver agravada coa recuperación da actividade no aeroporto Rosalía de Castro”. 

Jorge Duarte lamentou a falta de reacción do Goberno de Bugallo, “que en decembro incorporou o servizo ao aeroporto na liña 6 de maneira improvisada, malia a que sabía desde máis de tres meses antes que a Xunta deixaría de prestar ese servizo; e que agora non é quen de ofrecer solucións cando ve que ese modelo non funciona de xeito correcto”.  Para o concelleiro de Compostela Aberta, “é urxente que se recupere o bus lanzadeira ao aeroporto, un aerobús que debera ter a súa saída desde a nova estación de autobuses, e que debería realizar o traxecto ata Lavacolla sen paradas urbanas e con tarifas especiais”. O edil explicou que debe ser Tussa quen xestione esta nova liña, “similar á que existía con anterioridade, xestionada pola empresa Freire, e que funcionou correctamente e con normalidade ata que o Concello decidiu integrar o servizo na liña 6”.

Conflito laboral

Ademais, na moción defendida por Compostela Aberta reclámase que o Goberno cumpra o acordado no Pleno ordinario de xaneiro, a partir da proposición de CA para manter os postos de traballo do persoal da liña de autobús ao aeroporto. Jorge Duarte lembrou que esa proposta recollía o acordo para “incorporar a subrogación deste persoal na próxima licitación do servizo de transporte urbano, da que nada sabemos transcorridos dous anos de mandato; e para que o Goberno mediara coas empresas Tralusa e Freire para solucionar a situación dos traballadores que estiveron sen cobrar e nun limbo laboral desde decembro de 2020”. O concelleiro de CA explicou que, meses despois dese acordo, o Goberno limitouse a facilitar unha reunión entre a empresa Monbus e os grupos da oposición, “na que se anunciaron unha serie de medidas para regularizar a situación do persoal, que tampouco nos consta que se puxeran en práctica”.

Duarte incidiu en que “a situación na que se atopan os traballadores e traballadoras é responsabilidade do Goberno, que coñecía desde setembro de 2020 que a partir de decembro dese ano tería que xestionar a liña de bus ao aeroporto, e non adoptou ningunha medida ao respecto, nin axilizou a licitación do novo contrato do transporte urbano, para o que recibiu xa uns pregos moi avanzados no traspaso de poderes, en xuño de 2019”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA REGULARIZAR A SITUACIÓN DOS ANTIGOS EMPREGADOS DO BUS AO AEROPORTO E IMPULSAR UNHA LIÑA DE AEROBÚS QUE CONECTE A INTERMODAL E O ROSALÍA DE CASTRO DE XEITO DIRECTO

Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

Compostela Aberta abstense na votación da proposta para Peleteiro “que non tiña o apoio da veciñanza e creaba inseguridade xurídica”

Jorge Duarte lamenta “os catro anos perdidos por Bugallo, que en 2019 obrigou a tumbar a única alternativa que logrou o consenso de veciñanza, comerciantes e propiedade en máis de 18 anos”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo