CA demanda máis fondos para a convocatorias de axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral

Jorge Duarte advirte que as partidas anunciadas “son claramente insuficientes despois de dous anos sen subvencións para as ARIs”

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte defenderá no Pleno da próxima semana unha moción na que insta á Xunta e ao Goberno do Estado a que destinen máis fondos para as convocatorias de axudas á rehabilitación nas Áreas de Rehabilitación Integral. O edil explicou que “a instalación de ascensores nas ARIs ténse ralentizado despois de dous anos sen novas subvencións, e por iso é preciso que as administracións públicas, tamén o Concello, habiliten os recursos necesarios para lle dar un novo pulo a esas actuacións”.

Jorge Duarte explicou que a última convocatoria de axudas á rehabilitación nas catro Áreas de Rehabilitación Integral de Santiago (Cidade Histórica, Vista Alegre, grupos de vivendas Compostela e Quiroga Palacios de Pontepedriña e Vite) foi publicada en xullo de 2019, cunha dotación de 2,3 millóns de euros para financiar 237 actuacións. Desde entón, apuntou o concelleiro de CA, “ténse producido unha ralentización na instalación de novos ascensores nas ARIs, malia que a demanda vai en aumento por mor do envellecemento poboacional”. Esa ralentización está relacionada co feito de que non se convocaran novas axudas, que dependen dos convenios coas administracións autonómica e estatal. No caso da ARI da cidade histórica, onde as axudas se dirixen á rehabilitación e mantemento, os fondos que achega o Consorcio tamén están a ser insuficientes e só chegan para cubrir menos da metade das solicitudes.

Dotación insuficiente

Para Jorge Duarte, “despois de dous anos en branco, resultan claramente mellorables as partidas para as axudas que as tres administracións implicadas anunciaron durante o verán”. Tal e como explicou, “non se entende que vindo dese baleiro, a contía prevista para as axudas sexa de menos de 1,4 millóns de euros, fronte aos 2,3 do ano 2019”. O concelleiro instou “especialmente á Xunta de Galicia a incrementar o seu compromiso coa rehabilitación, porque a súa achega de 283.000 euros é claramente insuficiente, como tamén o é o millón de euros que vai achegar o Ministerio de Fomento”. 

Así as cousas, na moción que levará ao próximo Pleno, Compostela Aberta insta ao Goberno local a facer as xestións necesarias para que a convocatoria de axudas á rehabilitación se realice canto antes, a solicitar á Xunta e ao Goberno do Estado unha maior dotación de recursos para as ARIs, e para que o Consorcio incremente tamén de forma significativa a dotación económica e o número de vivendas que poidan ser rehabilitadas para teren un uso residencial.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA AUMENTAR AS AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDA XESTIONADAS POLO CONCELLO E TAMÉN AS  XESTIONADAS A TRAVÉS DO CONSORCIO.

Arquivado en:Jorge DuartePleno
Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo