CA demanda que o orzamento que non se gastou nas festas sexa destinado a atender a situación de emerxencia social

Compostela Aberta lamenta que o Goberno prevea aumentar o custo da iluminación de Nadal ao tempo que o alcalde se queixa das dificultades para afrontar a axuda social

Compostela Aberta instou hoxe ao Goberno a destinar a gasto social o orzamento que non se gastou este ano por mor da pandemia da Covid-19, que motivou a anulación das festas da Ascensión e a reformulación das festas do Apóstolo. A voceira municipal de CA, Marta Lois, lamentou que a previsión do Goberno do PSOE sexa “destinar parte dese diñeiro a poñer máis luces de Nadal, mentres Bugallo fala das dificultades para atender a situación de emerxencia social que atravesan moitas familias de Compostela”.

Para Marta Lois é “difícilmente xustificable que o concelleiro Gonzalo Muíños relate a un xornal da cidade que a partida orzamentaria para adornar as rúas durante o Nadal vaia ser máis elevada que a do ano pasado grazas a parte dos fondos que non se gastaron na Ascensión, mentres que o alcalde se queixa das dificultades para afrontar os gastos derivados da pandemia da Covid-19, mesmo na área social”. Nese sentido, lembrou que o custo da iluminación de Nadal xa foi duplicado o ano pasado, “e nesta situación excepcional o PSOE volve pensar en incrementar o orzamento mentres se queixa de non ter diñeiro”,

A concelleira tamén avanzou que “CA pedirálle ao Goberno que explique de que partidas está a falar o edil, sobre todo tendo en conta que o alcalde anunciou no seu día que o orzamento da Ascensión sería para financiar a Festa da Primavera”. Para esta celebración, na relación de contratos menores do segundo trimestre do ano, publicados na web municipal, aparecen gastos por case 113.000 euros, aos que se sumarían outros 22.000 euros de material promocional da campaña “Eu merco aquí”, á que ía vinculada a denominada PrimaVinte.

Priorizar o gasto social e cultural

Compostela Aberta tamén pedirá que o Goberno explique cal é o orzamento que quedou dispoñible, non só pola cancelación da Ascensión, senón tamén pola celebración dunhas festas do Apóstolo marcadas pola pandemia e nas que, polo tanto, non houbo grandes concertos nin moitos dos eventos habituais. A voceira de CA reclamou que “sexa cal sexa esa partida sobrante, se habiliten as fórmulas para que poida ser destinada a gasto social, porque como tén declarado publicamente o propio Bugallo, a Covid-19 segue deixando a moitas familias en situación de vulnerabilidade e seguiráo facendo previsiblemente nos próximos meses”.  “O alcalde”, apuntou Lois, “leva meses lamentando o incremento de gastos aos que se enfronta a administración municipal por mor da pandemia, e cando tén fondos dispoñibles polas cancelacións derivadas do coronavirus, o seu Goberno parece non ter mellor idea que a de destinalos a poñer máis luces na próxima campaña de Nadal mentres moitas familias de Compostela seguirán tendo dificultades para atender as súas necesidades básicas”. 

Marta Lois avanzou que nos próximos días Compostela Aberta lanzará presentaralle ao Goberno unha batería de medidas para seguir afrontando a crise social derivada da Covid-19, no escenario da nova normalidade. A concelleira recordou que o grupo municipal de CA “vén sendo proactivo desde o comezo desta crise, achegando propostas e solucións para os colectivos e a veciñanza máis damnificada por esta situación e exercendo unha oposición responsable, e así seguirá sendo, sobre todo vendo a falta de ideas dun goberno local que fía a atención social ao que decidan outras administracións

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo