8M-DÍA DA MULLER

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

A concelleira de Compostela Aberta pídelle ao Goberno que recupere iniciativas pioneiras do anterior mandato “como a campaña de prevención das agresións nos autobuses, en colaboración con Tussa”

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Concello de Santiago impulse un protocolo contra as agresións sexuais no ámbito do ocio nocturno, en colaboración cos responsables e traballadores dos establecementos, as entidades feministas e o estudantado universitario, en especial co colectivo do Campus do Medo. A concelleira Marta Lois lembrou que “este tipo de protocolos e campañas funcionan xa noutras cidades como Barcelona, Zaragoza ou Pamplona, e téñense demostrado efectivos, mesmo en casos moi mediáticos das últimas semanas”. Esta é unha das medidas que o grupo municipal de CA inclúe nunha proposición na que urxe ao Goberno a desenvolver outras accións “para facer de Santiago un verdadeiro Territorio das Mulleres, xusto cando falta un mes para a conmemoración do 8M”.

Marta Lois lembrou que en xullo de 2022, o Ministerio de Igualdade e a organización estatal de empresarios do ocio nocturno asignaron un convenio de colaboración para a posta en marcha de plans de actuación e protocolos de prevención e resposta contra as violencias machistas. Ademais, varias cidades de todo o Estado impulsaron acordos similares, “que non existen en Santiago, nin que tampouco está a fomentar  Xunta de Galicia”. Para a concelleira de Compostela Aberta, “é imprescindible que o Concello de Santiago “adopte un rol proactivo e facilite as ferramentas e a formación necesarias aos responsables e ao persoal dos establecementos de ocio nocturno, que poden axudar a detectar situacións potencialmente perigosas e atender ás vítimas no caso de producirse agresións ou comportamentos sexistas neses locais”. Lois sinalou que “estes protocolos deben ter en conta as preocupacións e as demandas do movemento feminista compostelán, así como do estudantado universitario e do colectivo do Campus do Medo”. 

A concelleira explicou que “en Santiago existen experiencias que se poden ter en conta á hora de deseñar un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno, impulsadas precisamente por mulleres universitarias”. Nese sentido, referiuse á festa electrónica Bullabarulla, celebrada na Sala Malatesta en maio de 2022, que ademais de contar cun decálogo do bo trato responsable, organizou un grupo de persoas voluntarias, identificadas con brazaletes verdes, ás que as asistentes á festa podían dirixirse se precisaban axuda ou detectaban algún problema.

Na proposición que defenderá no próximo Pleno, Marta Lois reclámalle ao Goberno que asegure os recursos municipais necesarios para garantir espazos seguros para as mulleres, tanto nos lugares de ocio nocturno como nos espazos públicos e, nomeadamente nos campus universitarios; elabore unha guía municipal que lle facilite ao persoal dos establecementos de ocio nocturno as chaves para previr e actuar diante de situacións de agresións machistas; e desenvolva en colaboración coa Universidade unha campaña de sensibilización en educación e diversidade sexual dirixida ao estudantado, para informar mediante Puntos Lilas nas próximidades dos principais centros de ocio nocturno de Santiago. Na mesma liña, a Compostela Aberta insta á Xunta a elaborar e difundir material de prevención sobre as violencias machistas nos lugares de ocio nocturno de Galicia, e a proporcionar formación aos traballadores destes establecementos en materia de violencias machistas, e especialmente de violencias sexuais.

Compostela, Territorio das Mulleres

Lois explicou que “estas accións daríanlle continuidade ao proxecto Compostela Territorio das Mulleres, impulsado durante o anterior mandato, en colaboración cos sectores sociais e económicos, co obxectivo de construir un municipio máis accesible, inclusivo e igualitario”, A concelleira lembrou que, nese marco, o Goberno de Compostela Aberta levou a cabo iniciativas pioneiras, como a sinatura dun compromiso de boas prácticas en materia de igualdade co sector hostaleiro e turístico; a introdución dos Puntos Lilas nas festas, que se mantiveron neste mandato; ou a campaña de prevención das violencias machistas nos buses municipais, en colaboración con Tussa. “que non se repetiu nos últimos anos e que lle pedimos ao Goberno que recupere”.

Por último, na proposición que Marta Lois defenderá no Pleno, o grupo municipal de CA pide que a Corporación municipal recoñeza, colabore e apoie as mobilizacións e actividades convocadas polo movemento feminista para o día 8 de marzo, e queo Goberno programe actos e actividades municipais de apoio institucional polo día Internacional das Mulleres.

Documentación
relacionada
PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A POSTA EN MARCHA DE POLÍTICAS LOCAIS E UN PROTOCOLO CONTRA AS AGRESIÓNS SEXUAIS NO OCIO NOCTURNO PRIVADO EN SANTIAGO
Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo