CA demándalle a Bugallo que o aparcamento previsto en Peleteiro sexa público e de xestión directa

Compostela Aberta reclama que a praza pública manteña a abertura cara a rúa República Arxentina prevista en 2019
  • Marta Lois e Jorge Duarte reuníronse cos representantes das asociacións de comerciantes do Ensanche, partidarias de manter a configuración do solar proposta no pasado mandato

Compostela Aberta reclámalle ao Goberno de Bugallo que o aparcamento que se acondicione na parcela do antigo colexio Peleteiro sexa público e de xestión directa a través de Tussa. Así o explicou o concelleiro Jorge Duarte, que lamentou que a aposta do alcalde “sexa un novo estacionamento en réxime de concesión, similar aos que xa existen no Ensanche, e non un modelo como o do aparcadoiro de Xoán XXIII, que permitiría que o Concello fixara os seus prezos libremente”. O edil tamén reiterou a aposta de CA porque se manteña a configuración das edificacións do solar prevista en 2019 “que contaba co consenso das entidades veciñais e comerciais”.

A portavoz municipal de CA, Marta Lois, e o concelleiro Jorge Duarte mantiveron onte unha xuntanza cos representantes das entidades comerciais Santiago Centro, Comercio Punto Compostela e Em Rede, para coñecer o seu posicionamento ao respecto dos plans que o Goberno lle trasladou á oposición o pasado venres na Comisión Especial de Peleteiro. Un dos asuntos abordados na xuntanza foi o relativo ao estacionamento, “porque tanto Compostela Aberta como as asociacións de comerciantes entenden que o Ensanche precisa un aparcamento público de xestión directa, no que se poidan fixar prezos asumibles”. Jorge Duarte incidiu en que o Goberno debe apostar “pola xestión a través de Tussa, seguindo o modelo do estacionamento de Xoán XXIII”.

Praza pública

Na reunión, Marta Lois e Jorge Duarte tamén recolleron as demandas das entidades comerciais en relación á praza pública que ocupará o patio do antigo colexio. As asociacións reiteraron a súa aposta porque se manteña a configuración prevista en 2019, cunha praza aberta cara a República Arxentina e non cara San Pedro de Mezonzo como propón agora o PSOE. Jorge Duarte lembrou que no documento de avaliación ambiental que o Concello lle remitiu á Xunta no ano 2018 contemplábanse diferentes solucións para o desenvolvemento do ámbito, e entre elas estaba a que agora defende o Goberno de Bugallo, “pero que non acadou o consenso necesario entre veciñanza e comerciantes durante o período de exposición pública”. O edil explicou que “este foi o motivo polo que o Goberno de CA optou por manter a actual configuración dos volumes edificados, coa abertura da praza cara República Arxentina”.

Jorge Duarte explicou que na reunión mantida onte, “os e as representantes das entidades comerciais tamén manifestaron a súa sorpresa porque, dous anos despois, o Goberno manteña o reparto de usos da parcela de Peleteiro que o PSOE tumbara no Pleno en 2019”. O concelleiro insistiu en que “é incomprensible que se perdera todo este tempo, e que Bugallo non reunira á Comisión de Peleteiro desde hai nove meses malia a que desde decembro de 2019 tiña no seu poder un informe no que o Concello gastou 15.000 euros e que xa dicía que a proposta de CA para o solar era a mellor das posibles”.

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo