CA demándalle ao Goberno “que se adiante ás necesidades do Biopolo da Sionlla e proxecte xa os camiños previstos no estudo de detalle da parcela

  • Marta Lois advirte da necesidade de que o Centro “teña as mellores condicións de mobilidade e accesibilidade unha vez rematadas as obras”

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha proposición na que lle pide ao Goberno que traballe para mellorar a accesibilidade e a mobilidade na contorna do edificio do Biopolo da Sionlla, acondicionando os dous camiños que xa aparecen previstos nos estudos de detalle da parcela. A portavoz municipal de CA incidiu en que “é preciso axilizar todos os prazos e todas as tarefas municipais pendentes para efectivizar a estratexia de reindustrialización da cidade que empezamos a impulsar durante o pasado mandato”. Para Marta Lois, “o Goberno debe empezar a mostrar a axilidade na toma de decisións con respecto a este proxecto que lle faltou ao longo de todo o mandato”.

O Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas estáse a construir nuns terreos municipais na Sionlla, que previamente foran divididos en tres parcelas co obxectivo de que no futuro se desenvolvan as fases II e III do biopolo. O estudo de detalle deste ámbito prevé nas dúas subparcelas nas que aínda non se está actuando dous camiños arborados, de uso mixto rodado e peonil, que conectarán as distintas plataformas que conformarán o proxecto. A portavoz de Compostela Aberta explicou que “é preciso iniciar xa o desenvolvemento destes camiños, especialmente o dun deles, para darlle servizo ao Centro que está en construción e que debera ter garantidas as mellores condicións de accesibilidade e mobilidade unha vez rematadas as obras”. Marta Lois apuntou que o desenvolvemento destes proxectos “foi unha das demandas que manifestaron os responsables da Área Empresarial do Tambre lle manifestaron ao grupo municipal de CA nunha visita ás obras do Biopolo que realizamos hai menos dun mes”.

Marta Lois lembrou que “está previsto que as obras do biopolo rematen en decembro, e a día de hoxe xa son máis dunha ducia as empresas que mostraron a súa intención de adherirse a Sionlla Biotech, a sociedade creada para impulsar o biopolo”. Para a concelleira, “é importante que estas empresas atopen un centro nas mellores condicións e que atenda todas as súas necesidades, porque iso tamén terá efecto chamada sobre outras compañías que poidan estar interesadas en implantarse na Sionlla”. A portavoz de CA animou ao Goberno de Bugallo “a pisar o acelerador neste proxecto no que leva todo o mandato actuando por inercia, ata o punto de que tardou máis dun ano en iniciar os trámites para a cesión da parcela na que se localiza o centro, e só o fixo despois de que CA advertira do serio risco de que se perdera a subvención concedida pola Xunta para o biopolo”.

A portavoz de Compostela Aberta incidiu en que “o Biopolo é unha peza fundamental para efectivizar a estratexia  de reindustrialización de Santiago, que empezou a impulsarse no pasado mandato, coa sinatura do Acordo da Sionlla entre o Concello, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio e a Área Empresarial do Tambre. Este acordo de colaboración marcou como obxectivo principal o impulso da reindustrialización empresarial, a promoción do asentamento de empresas e a captación de proxectos de investimento para Compostela, “que non pode continuar cunha economía baseada únicamente no sector turístico”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA FACILITAR A ACCESIBILIDADE AO NOVO EDIFICIO DO PROXECTO DO POLO DE INNOVACIÓN DE BIOTECNOLOXÍA NA SIONLLA

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo