CA denuncia que o Goberno incumpre os seus compromisos coas traballadoras do SAF

Marta Lois sinala que os salarios non foron actualizados, e lamenta que o persoal segue sen as tarxetas para estacionar que lles prometeu a concelleira Mila Castro

A portavoz municipal de Compostela Aberta denunciou hoxe que o Goberno local “tén esquecidos os compromisos que adquiriu coas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar”, tanto no relativo á actualización dos seus salarios como no que ten que ver con medidas para facilitar os seus desprazamentos laborais. Marta Lois preguntará no próximo Pleno os motivos destes incumprimentos e urxirá á concelleira Mila Castro a cumprir as súas palabra co persoal do SAF.

Marta Lois lembrou que “Compostela Aberta vén trasladando as queixas das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar ao Pleno nos últimos anos, porque entendemos que un persoal que presta un servizo tan esencial para colectivos vulnerables como o das persoas maiores ou dependentes non pode estar sometido a ningún tipo de precarización”. A concelleira incidiu en que a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, “non se reuniu coas traballadoras do SAF ata despois de que CA denunciara a súa situación, e cando o fixo asumiu uns compromisos que seguen sen cumprirse”.

Unha das cuestións que o Goberno se comprometeu a atender ten que ver cos desprazamentos laborais das traballadoras do SAF, que pediron ter acceso á tarxetas de residente para poder estacionar os seus vehículos cerca dos domicilios nos que prestan os eus servizos. Tal e como aseguran, “Mila Castro comprometeuse a que esa medida fora efectiva coa entrada en vigor do novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar, pero a día de hoxe aínda nada se sabe ao respecto”.

A maiores, Marta Lois denunciou que ás traballadoras do SAF non se lles aplicou a suba salarial do IPC de 2021, “ainda cando nos pregos técnicos para a contratación do servizo se fai referencia a esta actualización”. A portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou que “o último convenio colectivo do Servizo de Axuda no Fogar asinouse en 2009, e a patronal do sector négase a negociar un novo acordo sen que as diferentes administracións implicadas fagan nada para garantir o cumprimento dos dereitos das traballadoras”. No caso de Santiago, sinalou Lois, “o Concello debe urxir á empresa adxudicataria, a multinacional DomusVi, a efectivizar esta actualización dos salarios do persoal”.  

Documentación
relacionada
PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A SITUACIÓN DAS TRABALLADORAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE SANTIAGO
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo