CA elaborará un plan para a mellora da seguridade peonil no rural

Compostela Aberta propón acondicionar cunetas rebasables e sendas transitables nas parroquias, con prioridade á contorna de locais socioculturais e igrexas
  • María Rozas mantivo hoxe un encontro coa veciñanza de Busto

Compostela Aberta porá en marcha un plan para mellorar a seguridade peonil nas parroquias de Santiago, a través do acondicionamento de cunetas rebasables ou sendas transitables. Explicouno María Rozas, que esta mañá mantivo un encontro coa veciñanza de Busto. A candidata de CA á alcaldía sinalou que “as actuacións comezarán polos puntos máis concorridos das parroquias, como as contornas dos locais socioculturais e as igrexas, para irse extendendo de maneira progresiva”. Tamén se estudará a instalación de bandas reductoras de velocidade nos puntos nos que exista esa demanda.

María Rozas insistiu en que para Compostela Aberta “segue sendo prioritario atender o rural de Santiago, seguindo a liña do que fixemos desde o Goberno”. Ademais de comprometerse a darlle cumprimento e mellorar a dotación contemplada no Pacto polo Rural, a candidata de CA insistiu na necesidade de abordar “de maneira planificada e en colaboración co tecido asociativo, un programa de obras que fixe prioridades no relativo a melloras de accesibilidade e seguridade viaria, recuperación de equipamentos municipais, ou conservación e posta en valor do patrimonio”. Para Rozas, “a mellora da seguridade viaria debe ser unha prioridade, como tamén avanzar no mantemento da rede viaria, á que destinaremos un millón de euros anuais, a maiores da totalidade das achegas da Deputación Provincial”.

A candidata de Compostela Aberta tamén se comprometeu a continuar co plan de dotar ao rural de espazos sociocomunitarios cubertos, “con proxectos de novos equipamentos que se sumarán aos que quedaron pendentes durante o pasado mandato, e o actual goberno non executou”.

Mellor planificación das rozas

A cabeza de lista de CA tamén se referiu “á falta de planificación das rozas nos últimos anos, con traballos que se desenvolveron fóra do calendario demandado pola veciñanza”. Por iso, María Rozas incidiu na necesidade de “establecer datas fixas para acometer estas labores, utilizando para o rural o tractor que foi adquirido durante o Goberno de CA con cargo aos Orzamentos Participativos, e que nos últimos anos foi utilizado máis noutras zonas da cidade que nas parroquias”. Nesa liña, María Rozas tamén se comprometeu a manter as fincas municipais limpas, e a fomentar a plantación de especies autóctonas non pirófitas “como medida importante de prevención dos incendios forestais”

Demandas da veciñanza de Busto

Na visita a Busto, María Rozas recolleu as demandas da veciñanza, relacionadas con cuestións de seguridade viaria, mantemento e asfaltado das pistas, mellora da sinaléctica, e instalación de novos puntos de luz na parroquia. Tamén mostraron o seu malestar “porque o alcalde comprometeuse a acometer unha actuación de urxencia nas pontes do Castro e da Barca Vella que se atopan en moi mal estado, pero nada se fixo aínda”. A candidata de Compostela Aberta  insistiu en que “Bugallo e o seu equipo non deixan de dar mostras da súa falta de palabra e, sobre todo, da falta de diálogo que caracterizou o seu mandato”

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo