CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

Nas últimas semanas está a chegar ás praias, novamente, unha contaminación procedente da impunidade das compañías marítimas que transitan fronte ás nosas costas. Desta vez trátase dun cargamento de pellets, unhas boliñas de resina plástica de pequeno tamaño, transportadas por un barco de bandeira liberiana, fretado por unha compañía da India e que viaxaba camiño dos Países Baixos. O 8 de novembro caían os seis contedores de pellets ao mar e, a pesar de ter comunicados do Concello de Ribeira xa no 14 de novembro ou de Salvamento Marítimo o día 20 de novembro, a Xunta de Galicia non se deu por enterada ata o 14 de decembro, cun mes de demora.

Case todo o litoral galego está a ser afectado por esta marea de pellets, aínda que entre as zonas máis afectadas están precisamente as rías e praias máis achegadas a Santiago, como son as da Ría de Muros e Noia, ou da Arousa Norte no Barbanza. Diante da inacción da Xunta, que é a administración directamente responsable, estánse a formar grupos de voluntariado con centos de participantes espallados por toda a xeografía galega para, máis unha vez, defender a nosa costa. 

Desde Compostela Aberta queremos denunciar a incompetencia da administración da Xunta de Galicia, que esperou un mes para declarar o Plan Camgal, e cando o declarou foi no seu nivel mais baixo, e que non está ofrecendo soporte e axuda aos concellos afectados. Nunha liña diametralmente oposta á do goberno galego, queremos parabenizar á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como a todo o tecido social ecoloxista e de defensa das rías que leva facendo acompañamento desta catástrofe desde o primeiro momento.

Sendo así, exiximos da Xunta de Galicia que actúe con contundencia e celeridade para que esta catástrofe e a dispersión destes microplásticos polo noso litoral non vaia a máis. Ao mesmo tempo, ofrecemos a nosa solidariedade e axuda tanto a todos os municipios afectados como a todo o voluntariado que está a mobilizarse nas últimas horas. Animamos tamén a colaborar nas tarefas de limpeza, mais sempre de xeito responsable e seguindo as indicacións das asociacións ou colectivos con experiencia neste tipo de tarefas.

É por isto que suxerimos contactar antes ou cos concellos afectados ou, no seu defecto, coas asociacións locais que están a organizar os grupos como: Noia Limpa, Plademar (Plataforma para a defensa do mar de Muros e Noia), Sachos á Rúa en Ribeira, a Plataforma de Defensa da Ría de Arousa, Greenpeace Galiza, Adega, Verdegaia ou da Federación Ecoloxista Galega. Ou mesmo a través da comunidade de whatssapp de Limpeza de Praias, que ten xa varios grupos e onde se está a dar conta e informando de actividades de limpeza, lugares e horas onde se están realizando as intervencións de limpeza: https://chat.whatsapp.com/Cs3ydyLLgGA4YWiQDDv0kM

Imaxe difundida por Noia Limpa

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo