Diálogo coa veciñanza

CA esíxelle a Bugallo “información, axudas e compromisos orzamentarios firmes coa veciñanza afectada polo Plan Especial do Camiño Francés”

María Rozas reclama unha oficina de información específica e pide que se prorrogue o prazo de exposición pública do PE-3, “diante da alarma xerada na Lavacolla pola falta de diálogo co Goberno”

A portavoz municipal de Compostela Aberta denunciou hoxe “a falta de información e a nula comunicación” do Goberno de Bugallo cos residentes na Lavacolla afectados polo Plan Especial Director de Ordenación e Rehabilitación do Camiño Francés (PE-3) que se atopa na fase de exposición pública para a súa aprobación inicial. María Rozas reclamou que se prorrogue este prazo de exposición pública, que remata o mércores, “tendo en conta a alarma e a situación de conflicto xerado coa veciñanza”, e que se cree unha oficina específica de información e acompañamento na que se resolvan as dúbidas vinculadas ao Plan Especial. A maiores, a concelleira de CA denunciou “a escasa implicación económica da Xunta de Galicia no desenvolvemento deste documento, cando é a administración que tén competencia directa sobre os Camiños de Santiago”.

O Plan Especial prevé só 9,5 millóns de euros de investimentos sen que a Xunta garanta a súa implicación e sen que se cuantifiquen actuacións fundamentais como a dotación da rede de saneamento

María Rozas explicou que Compostela Aberta vén recibindo numerosas mostras de malestar entre os veciños e veciñas afectados polo desenvolvemento do Plan Especial do Camiño Francés, “xa non só polo contido do documento que vai ser sometido a aprobación inicial, senón sobre todo pola escasa información sobre as súas consecuencias por parte dun Goberno local que, unha vez máis, demostra unha absoluta falta de empatía coa veciñanza”. A concelleira incidiu en que “CA non pón en dúbida a necesidade de apostar pola conservación do patrimonio, pero sí entendemos que as administracións públicas deben acompañar as súas esixencias á cidadanía con solucións, deben acompañar a ampliación dos niveis de protección da contorna do Camiño Francés con medidas para subsanar as carencias destas zonas, algunhas delas tan flagrantes como a inexistencia de rede de saneamento”.

Máis información á veciñanza

Tal e como explicou Rozas, Compostela Aberta demándalle ao Goberno que tramite unha ampliación do prazo de exposición pública do Plan Especial do Camiño Francés, que remata este mércores 11, “para que as persoas afectadas poidan asesorarse e presentar as alegacións que consideren oportunas”. Ao tempo, a portavoz de CA reclamou “que o Concello poña en marcha unha oficina de información específica sobre o desenvolvemento do Plan, como se fixo co Plan Especial da Cidade Histórica, ou como fixo o Goberno de CA durante o pasado mandato en relación á actualización do catastro”. Rozas apuntou que “nesta primeira fase a oficina debe ser de información, pero posteriormente debería servir para asesorar á veciñanza durante o desenvolvemento do Plan Especial e para facilitarlle os trámites administrativos que se vaian requirindo”. Ademais, suxeriu que a oficina “estea atendida por persoal que poida desprazarse algún día da semana ao centro sociocultural de Lavacolla, para darlle así as máximas facilidades á veciñanza”. A concelleira explicou que “CA pedirá no Pleno que se habilite esta oficina, que sorprendentemente está prevista no Plan Especial pero sen dotación económica, de maneira que todo apunta a que quedará nunha simple declaración de intencións”.

Maior dotación económica

Ademais da falta de información, María Rozas denunciou “a escasa dotación económica que se contempla para o desenvolvemento do Plan Especial do Camiño Francés, cunha Xunta de Galicia que non se implica na medida na que debera”. Neste sentido, a portavoz municipal de CA explicou que o documento fala de investimentos de 9,5 millóns de euros entre 2022 e 2029, “unha cifra que é claramente insuficiente, pero que ademais non cremos garantida porque estamos en 2023 e ainda non hai partidas previstas por parte de ningunha administración”. Rozas aclarou que a memoria do Plan Especial indica que as actuacións deben ser financiadas polo Concello coa posible colaboración das administracións públicas implicadas no Camiño, “pero non temos noticias de ningún convenio coa Xunta, que é a administración directamente responsable da xestión do Camiño e que, polo tanto, entendemos que debera asumir estes custos”. Ademais, na memoria económica non se cuantifican todas as actuacións que se deben desenvolver na zona “entre elas algunhas moi importantes e longamente demandadas como a implantación da rede de saneamento, nomeadamente nos núcleos de San Paio e Vilamaior, que sí aparece recollida pero non orzada”.  

Por último, María Rozas incidiu na necesidade de abrir liñas de subvencións específicas para o desenvolvemento do Plan Especial do Camiño Francés, “porque na memoria de viabilidade económica do documento só hai unha referencia a unha liña de axudas para promover o uso da terra, pero non para financiar intervencións de rehabilitación ou restauración de inmobles, actuacións relacionadas coa mellora da eficiencia enerxética, ou obras de adecuación de locais comerciais e hostaleiros”. Para a portavoz municipal de Compostela Aberta, “urxe que se empece a traballar nestas liñas de axudas, porque a veciñanza debe ter compensacións para o cumprimento das esixencias que se lles van impoñer a través do Plan Especial do Camiño”. Rozas lembrou que “así se fixo no seu momento tamén co Plan Especial da Cidade Histórica, e  non operar do mesmo xeito sería unha clara discriminación de Bugallo cara a veciñanza da Lavacolla”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo