CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato
  • A portavoz municipal de Compostela Aberta lamenta que Bugallo “se deixe levar polas presas electoralistas e pretenda licitar unha actuación que non conta co apoio de ninguén e que non resolve os problemas de accesibilidade e inundacións da zona”

Compostela Aberta reclámalle a Bugallo “que non se deixe levar polas presas electoralistas e non faga rebaixas no proxecto da segunda fase da reurbanización de Castrón Douro”. A portavoz municipal, María Rozas, e o concelleiro Jorge Duarte mantiveron hoxe un encontro con residentes na zona, no que quedou constatado que o Goberno non falou coa veciñanza do proxecto que pretende licitar antes de maio, e que non solventará os problemas de accesibilidade das vivendas nin das inundacións. Para Rozas, “é unha tomadura de pelo que Bugallo non fixera nada en catro anos, e que agora se escude na suba dos prezos da construción para defender unha obra que non vai ser máis que un lavado de cara”.

María Rozas e Jorge Duarte explicáronlle á veciñanza que o Goberno tén a intención de licitar un proxecto para a segunda fase das obras de Castrón Douro que non é o que quedou feito no anterior mandato, e que continuaba a liña das obras executadas no primeiro tramo da rúa ata Patio de Madres. A proposta de Bugallo pasa pola repavimentación da rúa, sen acometer as rebaixas de cotas que estaban previstas no proxecto que deixou elaborado o Goberno de Compostela Aberta, para mellorar a accesibilidade nas vivendas e, ao tempo, para solventar os problemas de inundacións nesas casas. A portavoz municipal de CA advertiu que “Compostela Aberta rexeita rotundamente este plan, co que Bugallo só pretende conseguir un bo titular antes das eleccións, pero que suporía facer un importante investimento de fondos públicos para unha obra que non é a que demanda a veciñanza”. Rozas reiterou que “o Goberno do PSOE tén desde o primeiro día deste mandato un proxecto feito, e non moveu nin un papel ata agora, que pretende iniciar a licitación en abril, a un mes da cita coas urnas”.

Na reunión de hoxe, Compostela Aberta constatou que o sentir maioritario da veciñanza de Castrón Douro é Sar é que as obras deben facerse seguindo o proxecto orixinal, con medidas para mellorar a accesibilidade das vivendas. Por iso, María Rozas e Jorge Duarte adiantaron que CA “non apoiará ningunha rebaixa nesta actuación na comisión asesora de casco histórico que tén que aprobar o proxecto, e esixirá no Pleno que as obras se fagan segundo o previsto e acordado coa veciñanza no pasado mandato”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo