CA expresa a súa “dobre decepción cuns orzamentos da Xunta que reflicten a falta de ambición de Bugallo e o monocultivo do Xacobeo de Feijóo”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta non orce a construción de vivenda protexida en Santiago “aínda cando se está a ver que estamos nunha situación de emerxencia habitacional”
  • O Goberno de Feijóo non destina partidas para demandas históricas como a Escola Oficial de Idiomas, a ampliación do Conservatorio ou o centro de saúde de Conxo

Compostela Aberta lamenta que o Xacobeo “sirva de coartada para que a Xunta abandone os investimentos que precisa Santiago, coa connivencia do alcalde Bugallo, que tamén está rendido ao mantra do 2021”. Para o portavoz de CA, as contas autonómicas “non atenden as necesidades sociais de Santiago, nomeadamente as relacionadas coa vivenda; volven esquecer proxectos moi demandados como a Cidade da Raqueta ou a nova Escola Oficial de Idiomas; e ningunean novamente á capital galega ao manter practicamente conxeladas as partidas da capitalidade e do Consorcio”

O portavoz do grupo municipal de Compostela Aberta lembrou que o maior investimento que recollen os orzamentos da Xunta de 2020 para Santiago é o da Intermodal, con 7,2 millóns de euros, pero puxo o acento en que “desa partida só 2,4 millóns de euros proceden de fondos autonómicos e o resto provén das outras administracións e dos fondos FEDER”. Nas partidas que o Goberno galego vincula ao Xacobeo, Martiño Noriega explicou que “o proxecto de orzamentos de 2020 recolle 5,7 millóns de euros para a mellora e integración paisaxística do Camiño de Santiago, dos que 5 millóns xa aparecían nas contas de 2019; tres millóns de euros para actuacións en albergues, dos que 1 millón xa aparecían o ano pasado; e 4,6 millóns para a sinalización do Camiño, dos que 3,5 millóns de euros proceden tamén de fondos europeos”.

Partida da Capitalidade e do Consorcio

Para Martiño Noriega, “estes investimentos non compensan os incumprimentos con Santiago da Xunta, que nin sequera ás portas do Xacobeo incrementa as súas transferencias máis importantes para a cidade, a partida da Capitalidade e a do Consorcio”. Así, a da Capitalidade segue conxelada en 2,3 millóns de euros, fronte aos 5,5 millóns de euros que Compostela Aberta viña reclamando; e o Consorcio recibirá 2,7 millóns de euros, “moi lonxe dos 6,5 millóns de euros aos que aspirabamos en CA”

Ausencias

Compostela Aberta bota en falta nos orzamentos da Xunta para 2020 “proxectos estratéxicos dos que se leva moito tempo falando e sobre os que hai consenso social e político, como a Cidade da Raqueta, a ampliación do Conservatorio de Música, ou a construción da Nova Escola Oficial de Idiomas”. Noriega tamén lamentou que “o Goberno de Feijóo ignore a problemática que temos na capital galega en relación á vivenda, a situación de emerxencia habitacional na que nos atopamos, e non inclúa nas súas contas ningunha partida para a construción de vivenda pública”. En materia social, o portavoz de CA asegura que “cando menos en Compostela non sei vai percibir que estes sexan os orzamentos con maior gasto social da historia como asegura o presidente da Xunta, porque segue sen preverse a construción de vivendas para persoas sen fogar, o centro de día para menores, ou a casa de familia, que durante o pasado mandato lle demandamos reiteradamente a Feijóo”. Tampouco aparecen, salientou o concelleiro, “nin o centro de saúde de Conxo polo que levamos máis dunha década agardando, nin o aparcamento do CHUS que, insistimos desde CA, debe de ser afrontado polo Goberno Galego como administración que tén as competencias do complexo”.

Conformismo do alcalde

Para Martiño Noriega, “a decepción cos orzamentos da Xunta vese agudizada pola decepción coa actitude do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que parece ter comprado o relato do Goberno autonómico sobre o monocultivo do Xacobeo, que parecen ver como a solución a todos os nosos problemas”. O voceiro de Compostela Aberta mostrouse convencido de que “a cidade precisa un Goberno local que afronte 2021 sabendo que é unha oportunidade pero tamén un risco que hai que afrontar pensando nos anos seguintes, e que reclame diante do Goberno galego os proxectos que demanda a veciñanza e que non están a ser atendidos”. 

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo