Compostela Aberta facilita un suplemento de 7,5 millóns de euros no orzamento prorrogado deste 2019

Martiño Noriega: “o PP e PSOE impuxeron uns orzamentos prorrogados de 92 millóns de euros fronte ás contas de máis de 115 millóns de CA”
  • “É unha cuestión de responsabilidade, porque estes suplementos de crédito teñen que saír adiante para que o Concello lles pague ás empresas proveedoras”
  • “En 2018 quedamos a só 100.000 euros de pasarnos do teito de gasto imposto por Montoro e que se mantén co goberno do PSOE” 

Compostela Aberta votou favorablemente á aprobación dos dous expedientes de suplemento de crédito que o Goberno Local levou a un Pleno extraordinario celebrado esta mañá, malia a que, tal e como explicou Martiño Noriega “non compartimos a maneira na que se tramitaron, nin polo fondo nin pola forma”. O voceiro de CA lembrou, ademais, que “se hoxe estamos aquí para aprobar modificativos de crédito é porque antes algúns grupos decidiron que Santiago tiña que afrontar o 2019 cuns orzamentos prorrogados de 92 millóns de euros fronte ás contas de máis de 115 millóns que propuxemos ao remate do pasado ano, e que foron rexeitadas unicamente por cuestións de cálculo electoral”.

Martiño Noriega explicou que o voto favorable de Compostela Aberta hoxe responde “a unha cuestión de responsabilidade, porque estes suplementos de crédito teñen que saír adiante para que o Concello lles pague ás empresas proveedoras”. O concelleiro rexeitou os argumentos do PSOE, que quixo vincular o atraso no período medio de pago coa situación contractual dalgúns servizos. Nesa liña, explicou que “o atraso no pago non ten tanto que ver coa existencia ou non de contrato, senón coa dispoñibilidade de cartos nun orzamento minguado pola situación de prórroga”. Ademais, o voceiro de CA lembrou que un dos servizos aos que aludiu o Goberno de Bugallo, o da luz, “estivo só uns meses sen contrato a finais de 2018, despois de que o Goberno de Compostela Aberta regularizara a situación deste servizo por primeira vez na historia do Concello de Santiago, onde o subministro eléctrico funcionaba sen contrato desde a liberalización do sector nos anos 90”.

O PSOE mantén a regra de gasto de Montoro

Na súa intervención no Pleno, Martiño Noriega tamén negou que o Concello de Santiago teña “un superávit ficticio por non gastar como asegura o PSOE, que sabe que o informe do interventor municipal recolle que en 2018 non superamos o teito de gasto imposto por Madrid por tan só 100.000 euros”. O voceiro de Compostela Aberta aproveitou para lembrar que “esa regra do gasto imposta por Montoro, mantense no Estado co goberno do PSOE ”e explicou que “o elevado superávit de 2018, de máis de 18 millóns de euros, responde ao aumento de ingresos derivados do IBI, por mor da regularización catastral impulsada desde o Ministerio de Facenda”.

Ademais, Martiño Noriega incidiu en que “non é un superávit ficticio o que deixa recursos para pagarlle a provedores e para amortizar a débeda do Concello de Santiago, que con Compostela Aberta non chega aos 20 millóns de euros fronte aos 66 millóns de euros de débeda que deixou Bugallo na súa anterior etapa na alcaldía”.

Novas
relacionadas

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo