CA insiste en que se estude a localización da plataforma loxística na Pulleira-Boisaca

  • Xan Duro urxe a Bugallo a “deixar de chantaxear á veciñanza de Mallou, porque é evidente que hai outras opcións para un proxecto que segue a ser improvisado”
  • O concelleiro pide que “á marxe do proxecto da plataforma se empece a planificar a rotonda da Avenida do Cruceiro da Coruña, á altura do cemiterio de Boisaca” 

 Compostela Aberta instou hoxe ao alcalde a clarificar canto antes os seus plans para a plataforma loxística, despois de ter adiantado que o Concello busca alternativas á parcela de Mallou prevista inicialmente para o proxecto. O concelleiro Xan Duro sinalou que “volve quedar claro que Bugallo mentiu cando dixo que non había máis opcións para a infraestrutura, e volve quedar claro que CA actuou con responsabilidade cando xa en setembro de 2021 pedía que se analizaran todas as posibilidades”. O edil reiterou que “era evidente que había alternativas, e de feito Compostela Aberta propuxo unha moi clara no Pleno de abril: a parcela da Pulleira-Boisaca que o Goberno pensaba destinar a aparcamento disuasorio”.

Xan Duro reiterou o seu convencemento de que “o que está a acontecer coa plataforma loxística ratifica que o Goberno de Bugallo improvisou todo o que tén que ver con este proxecto e que non fixo un estudo sosegado das necesidades e das alternativas”. O concelleiro lamentou que o alcalde “desoíra a Compostela Aberta, que hai xa nove meses lle advertiu no Pleno que tiña que avaliar todas as opcións e falar coa veciñanza”. “Bugallo ignorounos”, sinalou Duro, “porque non era consciente de que precisaba o apoio da oposición para aprobar o proxecto no Pleno, e por iso mesmo tampouco quixo falar coa veciñanza ata o pasado venres, nunha reunión que agora recoñece que se produciu demasiado tarde”. O concelleiro insistiu en que “con estes precedentes, o que non pode facer Bugallo é caer nos mesmos erros e por iso debe aclarar canto antes cales son as opcións que baralla, e abandonar a chantaxe permanente á veciñanza e mesmo aos grupos da oposición”.

Alternativas a Mallou

O concelleiro de Compostela Aberta cualificou de “sorprendente que o alcalde diga que avaliou en Madrid outras alternativas, e que algunha das opcións mesmo podería ter maior proxección de futuro que a parcela de Mallou, porque isto demostra que no Concello non houbo unha análise seria do proxecto, nin do que tén que ver coa localización nin tampouco coa operatividade da plataforma loxística a longo prazo”. Xan Duro reiterou que “para CA sempre houbo outras opcións, a primeira delas a parcela que o Goberno quería destinar a aparcamento disuasorio na zona da Pulleira-Boisaca, que require melloras en materia de conectividade que xa deberan estar sendo planificadas á marxe do proxecto da plataforma, como o acondicionamento dunha rotonda na avenida do Cruceiro da Coruña, á altura do cruce do cemiterio”.

Xan Duro insistiu en que nas últimas semanas “quedou en evidencia que o proxecto da plataforma loxística ainda está moi verde, e de feito o propio Bugallo tivo que recoñecer na reunión coa veciñanza de Mallou que nin a planimetría da nave está ben definida aínda, nin as cuestións de mobilidade están resoltas”. Por iso, concluiu o concelleiro, “Bugallo debe deixar de imputarlle á oposición unha responsabilidade que non ten en relación ao risco de que se perdan os fondos europeos para a plataforma loxística, porque ese risco xa existe a día de hoxe e a Corporación non terá que posicionarse no Pleno ata o mes de outubro”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo