CA insta ao Goberno a elaborar un plan de melloras para o barrio de Volta do Castro

María Rozas levará ao  Pleno unha moción que recolle as demandas da veciñanza para humanizar a rotonda, executar a senda peonil e ciclable ao Milladoiro, ou incluir o barrio no plan de rozas

A concelleira de Compostela Aberta María Rozas pediulle hoxe ao Goberno Local que atenda as reclamacións da veciñanza de Volta do Castro, e elabore un plan de melloras para a zona. Rozas explicou que “os residentes demandan actuacións importantes como a humanización da rotonda do barrio, pero tamén cuestións que son de máis fácil e rápida solución e que só requiren un mínimo de atención municipal, como a inclusión das súas rúas no plan de rozas”.

Despois de percorrer o barrio acompañada pola veciñanza, María Rozas levará ao Pleno deste mes unha moción na que recolle as demandas trasladadas polos residentes. A concelleira explicou que Volta do Castro “é unha das zonas da cidade que máis sufriu a construción do periférico, por mor dunha rotonda en altura que dividiu o barrio en dous, e deixou unha parte practicamente confinada”. Esa glorieta, engadiu, “supón numerosos problemas para a veciñanza polo elevado tráfico que soporta, en moitos casos con vehículos circulando a unha velocidade demasiado elevada, que fan que o tránsito peonil non sexa seguro”.

Humanización da rotonda e outras demandas

Para a concelleira, “é preciso reformular o deseño da rotonda de Volta do Castro, pensando no tránsito peonil, e acometendo as medidas necesarias para que se respecte o límite de velocidade de 30 km/hora”. Tamén pensando na mellora das comunicacións do barrio, Rozas instou ao Goberno local “a executar a senda peonil e ciclable proxectada para conectar Santiago co Milladoiro, e que o concelleiro de Obras comprometeu no pasado mes de marzo ter executada este ano”. Outra das demandas que a veciñanza lle trasladou á concelleira de Compostela Aberta tén que ver co transporte público, “de difícil acceso porque non hai paradas próximas a Volta do Castro, de forma que os residentes teñen que recurrir ao taxi para, por exemplo, desprazamentos ao cercano Hospital Clínico”

María Rozas salientou que “os residentes de Volta do Castro mostran tamén o seu malestar por cuestións que só se explican polo esquecemento municipal e que serían de fácil solución”. Entre elas, a concelleira de CA citou a falta de contedores do lixo, “que mesmo obriga á veciñanza a utilizar os do Milladoiro”, ou a non inclusión do barrio no plan municipal de rozas.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE MELLORAS NA ZONA DE VOLTA DO CASTRO

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo