CA insta ao Goberno local a ofrecer acollemento ás persoas refuxiadas do campamento de Moria

O grupo municipal de Compostela Aberta lembra que Santiago forma parte da Rede de Cidades Refuxio por un acordo unánime do Pleno da Corporación

Compostela Aberta insta ao Goberno local a ofrecer acollemento ás persoas refuxiadas do campamento de Moria, na illa grega de Lesbos, ante a situación de emerxencia que se vive na zona tras o incendio provocado hai unha semana. O grupo municipal de CA lembra que Santiago ténse adherido á Rede de Cidades Refuxio, a través dunha declaración institucional aprobada polo Pleno da Corporación, e é hora de mostrar que esa adhesión non é unicamente simbólica nin unha mera declaración de intencións.

Compostela Aberta mostra a súa solidariedade coas persoas refuxiadas de Moria, que xa vivían nunha situación inhumana nun campamento pensado para 3.000 persoas e utilizado por unhas 13.000, e que agora se enfrontan a unha auténtica traxedia por mor do incendio que devastou a zona. As persoas refuxiadas seguen a día de hoxe vagando pola illa de Lesbos, montando campamentos improvisados en lugares como os aparcamentos de supermercados, e sen que atopar das autoridades gregas nin das europeas máis resposta  que o reforzo da vixilancia policial.

O grupo municipal de CA reclama ao Concello de Santiago que mostre o seu compromiso real coas persoas refuxiadas, facendo valer as declaracións institucionais que foron aprobadas polo Pleno durante o pasado mandato. En concreto, a Corporación acordou por unanimidade a adhesión de Santiago á Rede de Cidades de Refuxio, así como a colaboración coa Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas. En virtude deses acordos, Compostela debe facilitar o empadroamento ás persoas refuxiadas que cheguen ao municipio, e promover a súa integración real e efectiva. O Concello de Santiago dispón, ademais, dunha ferramenta acaída para lograr esa integración, a Ordenanza de Garantía Básica Cidadá á que pode acceder calquera persoa que estea empadronada en Compostela.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta pide melloras no Refuxio de Bando “fronte ao actual estado de saturación das instalacións”

María Rozas reclama o reforzo do persoal do Refuxio e que se recuperen as campañas de sensibilización contra o abandono e de esterilización de gatos que funcionaron no pasado mandato

Compostela Aberta pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de refuxiadas afgás

CA levará ao Pleno unha moción para demandar que “todas as administracións, tamén a local, se impliquen na resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos en Afganistán”

Compostela Aberta denuncia os atrancos que impón o Goberno de Bugallo no acceso á información por parte da oposición

A concelleira María Rozas defenderá no Pleno unha moción para que o Goberno do PSOE retome os mecanismos que no anterior mandato permitían que a oposición accedera á información solicitada nun prazo de cinco días

CA pídelle ao Goberno que transparente os seus plans para o Refuxio de Animais de Bando

Compostela Aberta mostra a súa preocupación polo futuro do servizo e do seu persoal, despois de que a concelleira de Benestar Animal amosara a súa intención de privatizar o Refuxio e de renegociar á baixa as retribucións das traballadoras

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo