CA insta ao Pleno a defender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a rexeitar protocolos antiabortistas

Marta Lois advirte que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso illado senón responder a un intento de retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres co que o presidente da Xunta se tén mostrado comprensivo”

Compostela Aberta levará ao Pleno de mañá unha moción de urxencia para que a Corporación municipal de Santiago se posicione en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e da reforma do Lei do Aborto, e mostre a súa repulsa coas actitudes do Goberno de Castela e León, que tén anunciado medidas para boicotear esa normativa. A concelleira Marta Lois lembrou que “a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres son dereitos humanos que urxe garantir fronte ás múltiples tentativas e propostas para retroceder nestas conquistas, atentar contra os dereitos das mulleres e, ao tempo, erosionar a democracia”.

A moción rexistrada por Compostela Aberta insta á Corporación municipal a apoiar a reforma da Lei do Aborto aprobada no pasado mes de decembro no Congreso, e ao Goberno local a organizar campañas informativas que expliquen as novidades e os avances desa reforma. Ademais, a moción demándalle ao Goberno galego que garanta o exercicio efectivo de todos os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres no Servizo Galego de Saúde; e ao Goberno do Estado a implementar as medidas necesarias, mesmo xudiciais, para evitar a existencia de calquera protocolo antiabortista, como o que vén anunciando o Goberno de Castela e León.

Marta Lois explicou que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso anecdótico nin isolado, senón que podería responder a unha estratexia máis ampla para boicotear a reforma da Lei do Aborto, e non só desde a extrema dereita”. Para a concelleira de Compostela Aberta, “urxe posicionarse con contundencia fronte a  calquera anuncio de trabas contra a nova lei ou contra a insinuación de posibles barreiras para a súa aplicación nos sistemas públicos de saúde, porque iso significa retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres e da propia democracia”. Nesa liña, Lois referiuse  ao protocolo antiabortista anunciado polo Goberno de Castela e León, formado por Partido Popular e Vox, e salientou que “é moi preocupante que a primeira reacción do presidente da Xunta ao ser preguntado por esta cuestión fora a defensa das medidas impulsadas pola extrema dereita, das que só tomou distancia cando comprobou a alarma social que se tiña producido”. A concelleira de CA recoñeceu que “non sorprende demasiado a actitude de Alfonso Rueda, porque hai que lembrar que a Xunta de Feijóo xa impulsara diferentes iniciativas lexislativas moi regresivas contra os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en colaboración coa  Red Madre, unha rede antiabortista que tén recibido ata 300.000 euros de subvencións públicas do Goberno autonómico”. Tamén lembrou que “ainda que a  Xunta  sostén que os abortos se practican con normalidade nos hospitais galegos, a realidade é que as mulleres que queren interrumpir o seu embarazo se atopan con frecuentes trabas, e esmo o SERGAS tén sido condenado pola xustiza pola demora na práctica dun aborto terapéutico a unha paciente que finalmente tivo que desprazarse a Madrid para ser sometida a esa intervención”.

Documentación
relacionada
MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA EN DEFENSA DOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS DAS MULLERES E POLA REFORMA DA LEI DO ABORTO
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo