CA lamenta a falta de planificación e a irresponsabilidade da Xunta e rexeita a criminalización do sector hostaleiro

O grupo municipal de Compostela Aberta lembra que non hai ningún dato que avale que o aumento de casos teña a súa orixe na hostalería
  • CA demanda compensacións reais para o sector e lamenta que o Goberno galego informe das medidas que lle afectan sen tempo suficiente de antelación

 Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia volva criminalizar ao sector da hostalería, que novamente é o que máis sofre as restricións anunciadas onte para frear o avance do coronavirus en Santiago. O grupo municipal de CA lembra que non hai datos que demostren a relación entre a actividade hostaleira e o incremento dos contaxios, critica que as medidas se impoñan de maneira precipitada só horas despois de seren anunciadas, e denuncia que o Goberno galego segue sen habilitar compensacións para as perdas que sufrirán estas empresas.

Compostela Aberta entende que moitos establecementos da capital galega están irremediablemente condenados ao peche coas novas medidas acordadas onte: a prohibición do consumo no interior dos locais, o límite da ocupación nas terrazas ao 50 por cento, e o peche da actividade ás 18.00 horas. Para o grupo municipal de CA, estas restricións, se non van acompañadas de compensacións reais, terán efectos moi negativos para o sector hostaleiro e para o conxunto dunha cidade cunha economía enormemente dependente do sector servizos como é Santiago. Nesa liña, urxe á Xunta a efectivizar as axudas para a hostalería que tén anunciadas, e que os beneficiarios aínda descoñecen cando van percibir. Compostela Aberta insta ao alcalde Bugallo a que por unha vez abandone a súa submisión a Feijóo e exerza a súa obriga de defender os intereses da cidade para reclamarlle ao presidente da Xunta un trato xusto para a hostalería de Santiago e medidas compensatorias polas duras restricións que se lle veñen impoñendo desde o goberno galego. Ademais, CA urxe ao Goberno local a, no marco da súas competencias, impulsar novas liñas de axuda para o sector, ao abeiro duns orzamentos municipais de 2021 que non poden demorarse máis.

Agravio comparativo e improvisación

Para Compostela Aberta, a Xunta de Galicia volve mostrar a súa insensibilidade coa hostalería, para a que impón restricións moito máis severas que para outros sectores. Nese sentido, CA considera ilóxico que ao sector hostaleiro se lle impida, de facto, traballar, mentres se mantén a actividade en grandes superficies comerciais nas que nos últimos días se viron importantes aglomeracións de persoas.

Ademais, CA lamenta que o Goberno de Galego publique no Diario Oficial de Galicia as directrices con escasas horas de antelación á súa entrada en vigor, porque iso deixa sen marxe de manobra a numerosos hostaleiros que probablemente terán perdido produtos perecedoiros que prevían utilizar nos próximos días, e que nin sequera tiveron tempo para reorganizar a súa actividade co persoal empregado.

Para Compostela Aberta, é lamentable que as administracións públicas que se precipitaron na transmisión dunha falsa imaxe de “normalidade” nas semanas previas ao Nadal agora obriguen a só unha parte a asumir principais as consecuencias dunha terceira vaga da pandemia da Covid-19 que, segundo a información se se vén publicando, tén a súa principal orixe en encontros familiares no ámbito privado.

Novas
relacionadas

CA demanda un protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno

Marta Lois lembra que “outras cidades do Estado dispoñen de plans de actuación en colaboración cos establecementos de ocio nocturno, que se teñen demostrado eficaces diante de casos de agresión”

CA insta ao Pleno a defender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a rexeitar protocolos antiabortistas

Marta Lois advirte que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso illado senón responder a un intento de retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres co que o presidente da Xunta se tén mostrado comprensivo”

Compostela Aberta pide a posta en marcha dun Plan Municipal de Saúde Mental

Marta Lois propón un programa de prevención dirixido a escolares “para atender á preocupación crecente nos propios centros educativos”

CA pídelle ao Goberno que garanta o cumprimento da ordenanza de terrazas

Jorge Duarte advirte das molestias xeradas á veciñanza por unhas terrazas sobredimensionadas e lembra que xa non están vixentes as restricións no interior dos locais que levaron a flexibilizar o uso do espazo público na pandemia

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo