• Rafael Peña lembra que o Goberno de Compostela Aberta deixou aprobado un proxecto para o campo do Sergas, que tiña que ser modificado

O grupo municipal de Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Goberno acometa melloras nos campos de fútbol do Sergas e das Cancelas, que presentan importantes deficiencias no seu terreo de xogo. O concelleiro Rafael Peña lembra que o Goberno de CA deixou varios proxectos para as dúas instalacións deportivas “que deben estar contemplados nos orzamentos de 2020 e seren executados canto antes”.

Rafael Peña lembra que “o campo de fútbol municipal do Sergas presenta graves deficiencias que non garanten unha práctica deportiva segura e que, segundo a valoración de diversos técnicos especializados, non se solucionaría coa substitución do céspede”. O concelleiro explica que o Goberno de CA redactou un proxecto para a renovación do terreo de xogo, a construción dunha nova zona de adestramento e a dotación de torres de iluminación “que estaba orzado en medio millón de euros e que houbo que modificar para incorporar algunhas melloras a nivel eléctrico”.  Tal e como se recollía no informe do traspaso de poderes, apunta o edil, “os técnicos municipais consideran que os arranxos do campo do Sergas son de extraordinaria urxencia, polo que o Goberno debe aprobar canto antes o proxecto modificado e contemplalo nos orzamentos municipais para poder acometer a obra”. 

Proxectos menores

Ademais, tal e como se recorda no rogo, no departamento de Deportes quedaron redactados outros proxectos para afrontar melloras conxuntas no campo de fútbol do Sergas e no das Cancelas, un para a instalación de cantinas e outro para a construción de almacéns. Con respecto ao campo de fútbol das Cancelas, apunta Rafael Peña, sería tamén necesario actuar sobre o seu terreo de xogo, “que se atopa en mal estado despois de 12 anos de uso, posto que a vida útil media dun campo de herba sintética é de 10 anos”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO PRESENTADO POR CA

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies