CA pedirá no Pleno que o Goberno reavalíe a instalación de máis de 40 cámaras na zona histórica

Compostela Aberta entende que “o fomento da mobilidade intelixente sostible  non debera colisionar con algúns dereitos fundamentais da cidadanía como o da intimidade ou a libre circulación de persoas”

Compostela Aberta pídelle ao Goberno local “que reavalíe a instalación das máis de 40 cámaras que tén previsto colocar na zona histórica, no marco do proxecto Smartiago”. O grupo municipal de CA advirte que a posta en marcha deses dispositivos “pode colisionar con dereitos fundamentais da cidadanía como son o da privacidade e intimidade, o da libre circulación das persoas ou mesmo o da liberdade de expresión”.

O concelleiro Xan Duro destacou que, con este tipo de propostas, o goberno de Bugallo está a desvirtuar o proxecto Smartiago, impulsado polo Goberno de Compostela Aberta e polo que no anterior mandato o Concello captou máis de cinco millóns de euros de fondos europeos. O edil de CA sinalou que a liña de actuación na que se enmarca a anunciada instalación de 43 cámaras, a da mobilidade intelixente sostible, “debería afondar no cumprimento das normas de acceso e estacionamento da cidade histórica, garantir a introdución do novo vehículo eléctrico adecuado para o recinto intramuros, e desenvolver a tecnoloxía que permitira controlar o acceso e o estacionamento, substituíndo as cámaras e os bolardos tradicionais”. Duro cuestionou que, co Goberno do PSOE, “a solución para a liña da mobilidade intelixente volva pasar polas cámaras”, e recordoulle a Bugallo que “nas súas anteriores etapas como alcalde xa foi o responsable da instalación de sistemas de videovixilancia que tiveron unha forte contestación social”.

Compostela Aberta demándalle ao Goberno que reavalíe a pertinencia de instalar as 43 cámaras anunciadas, nas que se van investir 1,4 millóns de euros, e que procure outras solucións innovadoras, que non choquen con dereitos fundamentais da veciñanza. O grupo municipal de CA entende que “a gravación de todos os movementos da cidanía pode colisionar cos dereito á privacidade e á intimidade, á libre circulación de persoas, ou mesmo o dereito de expresión”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE IMPLEMENTEN SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARA O FOMENTO DA MOBILIDADE INTELIXENTE E REAVALIAR A INSTALACIÓN DAS 43 CÁMARAS PREVISTAS

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta creará unha rede pública de bicicletas eléctricas

Xan Duro e Miguel Penas presentaron as propostas de CA en materia de mobilidade “un dos principais retos de futuro de Santiago xunto coa vivenda”

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo