CA pide explicacións pola falta de mantemento do ascensor de Triacastela

A veciñanza vén denunciando a falta de mantemento e limpeza do ascensor ao longo de todo o mandato

 Compostela Aberta preguntará no próximo Pleno pola situación na que se atopa o ascensor de Triacastela, “vítima dun absoluto desleixo por parte do Goberno de Bugallo durante todo o mandato”. O concelleiro Xan Duro lembrou que “a veciñanza da zona leva moitos meses, mesmo anos, denunciando a falta de mantemento do elevador, que está continuamente sucio e do que mesmo faltan pezas embelecedoras”.

Xan Duro lembrou que o ascensor de Triacastela, que empezou a funcionar en abril de 2019, “era unha demanda histórica da veciñanza de Fontiñas e de San Pedro, porque permite salvar os 12 metros de desnivel entre ambos barrios, ata entón conectados unicamente cunha escaleira de máis de 60 chanzos”. O concelleiro explicou que a actuación é moi importante en termos de accesibilidade, “porque facilita o acceso da veciñanza a servizos como o centro de saúde, e tamén dos residentes de Fontiñas cara o centro histórico”.  Malia iso, durante este mandato “foi evidente o abandono do ascensor por parte do Goberno, que non se ocupou nin da súa limpeza nin do seu mantemento”. Duro advertiu que “tal e como vén denunciando a veciñanza, este desleixo só fai que o elevador se deteriore, e que sexa vítima do vandalismo”. No próximo Pleno, Compostela Aberta urxirá ao Goberno a poñerlle fin a esta situación, buscando as fórmulas que sexan necesarias para garantir o correcto mantemento do ascensor.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo