CA pide explicacións pola paralización do proxecto da ruta cultural entre Barciela e Marantes

Branca Novoneyra denuncia que a concellería de Turismo “comprometeuse a desenvolver o proxecto e meses despois derivouno á concellería de Medio Rural”
  • Compostela Aberta pregunta no Pleno polo destino dos fondos das axudas ao sector da cultural que queden sen gastar “por desestimento das empresas beneficiarias ou porque só tres asociacións obtiveron a subvención”

Branca Novoneyra preguntará no Pleno de mañá pola paralización do proxecto da ruta cultural entre Barciela e Marantes, “un proxecto que inicialmente asumiu a concellería de Turismo, que posteriormente foi derivado á de Medio Rural, e do que nunca máis se soubo”. A concelleira de Compostela Aberta lamentou “o escaso interese do Goberno por unha iniciativa que contribuiría a poñer en valor o patrimonio rural de Santiago e podería servir de reclamo para a descentralización turística”.

Branca Novoneyra lembrou que en xaneiro deste ano, o concelleiro de Turismo Sindo Guinarte comprometeuse coa Asociación de Veciños de Marantes a desenvolver a ruta cultural entre esta parroquia e Barciela, “e mesmo asegurou que o proxecto tería en encaixe no Plan de Sostibilidade Turística 2021-2023, que está dotado cun total de tres millóns de euros dos que un millón se prevía executar neste ano”. Só cinco meses despois de asumir ese compromiso, explicou a concelleira de CA, Guinarte decidiu derivar o proxecto da ruta cultural á concellería do Medio Rural “sen mediar explicación ningunha e sen falar novamente coa veciñanza”. Recollendo a preocupación da AVV de Marantes, Novoneyra preguntará no Pleno “cales foron os motivos polos que a concellería de Turismo se desentendeu deste proxecto, e en que fase se atopa para o seu desenvolvemento, cando quedon só dous meses para que remte o ano”.

Axudas culturais

Branca Novoneyra tamén leva ao Pleno de mañá unha pregunta sobre as axudas a entidades profesionais e asociacións do sector cultural, tras coñecerse a resolución definitiva da convocatoria o pasado 13 de outubro, “só once días antes do remate do prazo para o desenvolvemento das actividades subvencionables, e só 16 días antes de que as entidades beneficiarias tiveran que xustificar as axudas”. A concelleira sinalou que “son moitas as entidades que desistiron de recibir as subvencións, porque non puideron desenvolver os seus proxectos sen ter a garantía de contar con esa axuda, nun contexto tan complexo como o actual derivado da pandemia e cuns prazos que o Goberno non quixo mudar a pesar de que llo pedimos desde Compostela Aberta”. Por ese motivo, Novoneyra pedialle á concelleira de Cultura que explique no Pleno “cal será o destino dos fondos que ían ir destinados a esas entidades profesionais que finalmente desistiron dos apoios, e do diñeiro que quedou sen gastar na convocatoria de axudas a asociacións culturais, na que só houbo tres colectivos beneficiarios”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A NECESIDADE DE IMPLANTAR A SINALÉCTICA DA RUTA CULTURAL BARCIELA-MARANTES

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE AXUDAS CULTURAIS ÁS ACTIVIDADES DO SECTOR PROFESIONAL

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo