CA pide explicacións sobre a recepción parcial das obras de Concheiros e o expediente sancionador á empresa que segue sen resolverse

  • Marta Lois demanda información sobre os prazos previstos para a recepción definitiva dos traballos e lamenta que “o Goberno de Bugallo siga sen penalizar á empresa por uns traballos que acumulan un ano de atrasos”

Compostela Aberta pediulle hoxe ao Goberno que dea explicacións sobre a situación na que se atopan as obras de Concheiros e sobre o expediente para a imposición de penalidades que se lle abriu á empresa e que segue sen resolverse. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, lamentou “a pasividade coa que o Goberno de Bugallo segue afrontando unha actuación que acumula un ano de demora, e que non deixa de suscitar queixas entre a veciñanza”.

Recepción parcial das obras

Marta Lois explicou que “hoxe mesmo cúmprense dous meses desde que a Xunta de Goberno acordou iniciar os trámites para a recepción parcial das obras, pero non consta que esa recepción fora finalmente aprobada”. A concelleira explicou que ese acordo data do dous de xuño, dous días antes de que a rúa fora aberta parcialmente ao tráfico, “e desde entón nin no expediente desta actuación nin nos resumos das Xuntas de Goberno figura ningún outro trámite en relación á recepción parcial das obras”.

Por este motivo, CA vén de rexistrar unha pregunta para que o Goberno explique por escrito en que situación se atopan actualmente as obras de Concheiros e cal é a seguridade xurídica para o tránsito de vehículos e de peóns, e tamén para que dea conta das súas previsións para a finalización definitiva da remodelación de Concheiros e a recepción total dos traballos”. Nesa liña, Compostela Aberta reclama coñecer o contido da acta da recepción parcial das obras.

Expediente sancionador

A voceira de Compostela Aberta tamén mostrou a súa estrañeza porque “a día de hoxe descoñecemos as conclusións do expediente sancionador aberto á empresa responsable das obras de Concheiros polo atraso na conclusión dos traballos”. Marta Lois lembrou que o Goberno xa tivo que declarar en abril a caducidade dun primeiro expediente de imposición de penalidades á construtora, que fora aberto en xaneiro, “e agora teñen transcorrido máis de tres meses desde a incoación do novo expediente, e seguimos sen novidades sobre a súa resolución, ainda cando tras a súa apertura a concelleira de Facenda mostraba o seu convencemento de que a empresa sería sancionada con case 100.000 euros”.

A concelleira de CA lamentou que “outra vez, o Goberno de Bugallo parece relaxarse á hora de reclamarlle responsabilidades á empresa dos Concheiros”. Nese sentido, lembrou que a Xunta de Goberno non resolveu abrir o expediente sancionador ata xaneiro deste ano, “cando a asesoría xurídica municipal xa recomendara facelo dous meses antes, en novembro de 2021, nun informe no que tamén sinalaba que non había xustificación para a ampliación dos prazos das obras máis alá de decembro”.

As obras de remodelación de Concheiros comezaron en decembro de 2020 e tiñan un prazo de execución de nove meses. Desde entón, sucedéronse as ampliacións de prazo e os atrasos, que fixeron que a rúa non fora minimamente transitable ata xuño deste ano, vinte meses despois do inicio dos traballos. A día de hoxe, a actuación segue sen estar totalmente concluída e, polo tanto, tampouco pode ser recepcionada polo Concello.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA PARA RESPOSTA ESCRITA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A RECEPCIÓN PARCIAL E A RECEPCIÓN FINAL DAS OBRAS DOS CONCHEIROS

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo