CA pide melloras urxentes no aparcamento do Agro da Colexiata

Xan Duro lamenta que o Goberno “non dera nin un paso para desenvolver o anteproxecto que herdou de CA para acondicionar a zona deportiva das Brañas de Sar, que sería a solución definitiva aos problemas de estacionamento no barrio”

Compostela Aberta pedirá no Pleno o pintado e a dotación de equipamentos deportivos para o espazo multiusos do Castiñeiriño “que a veciñanza vén reclamando desde hai máis dun ano”

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2022.- Compostela Aberta lamentou hoxe que Bugallo “deixara pasar todo o mandato sen procurar unha solución definitiva para os problemas de aparcamento en Sar, cando recibiu do anterior Goberno un anteproxecto para o acondicionamento da zona deportiva das Brañas que tamén prevía un espazo de estacionamento para a veciñanza do barrio”. O concelleiro Xan Duro denunciou que “o resultado da improvisación do Concello é unha área de aparcamento intransitable e mesmo insegura, na que o Goberno local debe acometer melloras de maneira urxente”.

Xan Duro lembrou que, despois das queixas polo caos de estacionamento na contorna da Colexiata, o Goberno decidiu acometer unha solución provisional abrindo un aparcamento no agro da Colexiata. O grupo municipal de Compostela Aberta vén recibindo numerosas queixas polo estado no que se atopa esta área, “convertida nunha lameira, con fochancas tan profundas que os coches rozan os baixos para acceder, e tan insegura que mesmo teñen aparecido coches aos que lles roubaron as rodas”. O concelleiro de CA reclamará no Pleno “que o Goberno acometa algunha actuación de emerxencia neste punto, porque de non adoptarse medidas en breve este estacionamento será totalmente inutilizable”.

O edil sinalou tamén que “a solución buscada por Bugallo para o aparcamento en Sar non deixa de ser un remendo, que non satisfai as demandas da veciñanza que reclama unha solución definitiva e máis ambiciosa”. Nesa liña, Xan Duro lembrou que o Goberno “perdeu todo o mandato sen avanzar na creación da zona deportiva das Brañas do Sar, prevista no PXOM e da que recibiu feito un anteproxecto do Goberno de Compostela Aberta que contemplaba o acondicionamiento dunha área de aparcamento”. “CA reclamou en Pleno en dúas ocasións neste mandato que se desenvolvera esta actuación, en 2020 e neste 2022, pero o Goberno foi incapaz de avanzar nesta actuación”.

Campo multiusos do Castiñeiriño

No Pleno da próxima semana, Compostela Aberta tamén interpelará ao Goberno sobre os prazos que manexa para instalar os equipamentos pendentes no campo multiusos do Castiñeiriño, “que foi deseñado como un espazo polivalente no que se puideran acondicionar cando menos dúas pistas polideportivas”. Xan Duro lembrou que xa no Pleno de novembro de 2021, CA pediulle ao Goberno que completara o proxecto porque era unha demanda da veciñanza, “e daquela o entón concelleiro de Obras respondera que o Goberno atendería as peticións, estudaríaas e faría o oportuno, pero a realidade é que transcorrido un ano nada se fixo neste espazo que fica infrautilizado”

Xan Duro recordou que O Castiñeiriño é un barrio no que está aumentando de xeito importante a poboación, “e está infradotado de instalacións deportivas, posto que só existen unha pequena pista no Centro Sociocultural e o patio do vello colexio Ramón Cabanillas, que tén os equipamentos deportivos nun lamentable estado de abandono”. O concelleiro de CA lamentou que o Goberno “non sexa quen nin de atender unha demanda tan sinxela como é o pintado das pistas deportivas e a instalación dos equipamentos que mudarían sensiblemente a utilidade do espazo, acondicionado seguindo tamén un proxecto de Compostela Aberta”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo