CA pide o acondicionamento dunha zona de espera na parada de autobús na rúa de Amio

Compostela Aberta levará ao Pleno deste mes de xaneiro un rogo para solicitarlle ao Goberno que acondicione un espazo para a espera na parada de autobús da rúa de Amio

Compostela Aberta levará ao Pleno deste mes de xaneiro un rogo para solicitarlle ao Goberno que acondicione un espazo para a espera na parada de autobús da rúa de Amio. Na actualidade, as persoas usuarias invaden a calzada, nun viario que carece de beirarrúas, orixinando posibles situacións de risco.

O rogo presentado por Compostela Aberta refírese á parada de autobús da rúa de Amio, situada en fronte do Centro de Negocios Costa Vella. Na actualidade, as persoas usuarias só poden agardar o autobús na propia calzada, ou no lateral do viario, nun espazo con herba e que adoita enlamarse cando chove. A petición do grupo municipal de CA é que se acondicione esa zona, de xeito que as persoas usuarias poidan agardar con comodidade, e sen xerar situacións de risco para o tráfico.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO PRESENTADO POR CA SOBRE A PARADA DE AUTOBÚS

Arquivado en:Plenozona vella
Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo