CA pide que “a loita contra as violencias machistas continúe sendo prioritaria na axenda política local”

[et_pb_section admin_label=”section”]
[et_pb_row admin_label=”row”]
[et_pb_column type=”4_4″][et_pb_text admin_label=”Text”]

  • Marta Lois urxe ao Goberno local a manter a campaña “En negro contra as violencias”, que supuxo un antes e un despois na sensibilización social sobre a violencia machista
  • Compostela Aberta insta ao Estado e á Xunta a aplicar e mellorar o Pacto de Estado e o Pacto Galego contra as Violencias Machistas

A loita contra as violencias machistas debe ser unha prioridade institucional e política para as administracións públicas, tamén para a local, e por iso deben continuar as medidas, campañas e políticas públicas que traballen pola súa erradicación”. Así presentaba Marta Lois a moción que Compostela Aberta vai levar ao próximo Pleno, para reclamar un aumento dos recursos para políticas de igualdade e o mantemento da campaña “En negro contra as violencias”. A concelleira apelou tamén a “unha maior coordinación entre administracións públicas, para impulsar políticas e accións que vaian máis alá dos necesarios pero insuficientes minutos de silencio”.

Marta Lois lembrou que “a violencia machista é unha realidade estrutural que, segundo a ONU-Mulleres, lle afecta a un 35% das mulleres do planeta e que no que vai de ano supuxo o asasinato de 41 mulleres e dous menores no conxunto do Estado español, dúas delas en Galicia”. A concelleira incidiu en que “a causa destas violencias está na hexemonía dunha cultura patriarcal que debe ser erradicada a través de actuacións de carácter integral e transversal, que fagan tomar conciencia de que o machismo mata”. Nesa liña, lamentou que “a violencia machista e a igualdade de xénero non ocupen un lugar central nas axendas dos gobernos estatal e galego, que non se produzan avances nin no Pacto de Estado contra a Violencia nin no Pacto galego contra as Violencias Machistas aprobado por unanimidade no Parlamento en xaneiro de 2017”.

Por todo iso, na moción presentada hoxe Compostela Aberta pide que a Corporación municipal inste á Xunta de Galicia a destinar o 1% do orzamento para políticas contra as violencias machistas e mellorar os recursos en materia xudicial e medidas para a protección de vítimas; e ao goberno do Estado a que aprobe e mellore as medidas contidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Campaña “En negro contra as violencias”

No eido local, Marta Lois urxiu ao Goberno municipal a “manter a loita contra a violencia de xénero como unha das máximas prioridades na axenda política local, seguir incrementando os recursos municipais destinados a loitar contra as violencias machistas, desenvolver políticas de prevención e educación para a igualdade entre as veciñas e veciños de Santiago e, polo tanto, continuar coa campaña de “En negro contra as violencias”. A concelleira lembrou a importancia desta campaña “que naceu en Santiago e se estendeu a toda Galicia con independencia das cores políticas de cada concello, que supuxo un antes e un despois nas políticas de sensibilización e que fixo que se manteñan ao longo de todo mensaxes importantes como que o machismo mata”. Ademais, Lois avogou por manter as medidas de sensibilización e erradicación das violencias machistas entre a mocidade e nos centros educativos, dotándoas de financiamento suficiente.

Podes ler AQUÍ a MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS E A NECESIDADE DE AUMENTAR OS RECURSOS PARA POLÍTICAS DE IGUALDADE[/et_pb_text][/et_pb_column]
[/et_pb_row]
[/et_pb_section]

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo