CA pide que o Concello “indemnice ás praceiras que non puideron exercer a súa actividade no Mercado de Abastos pola mala xestión de Bugallo”

Marta Lois felicita ao Goberno local por corrixir a expulsión das vendedoras, “unha decisión coa que mostrou que sempre tira polo camiño máis fácil sen pensar nas persoas afectadas”

Compostela Aberta instou hoxe ao Goberno local a procurar fórmulas para indemnizar ás vendedoras da Praza de Abastos que non puideron exercer a súa actividade desde o pasado día 5, cando foron expulsadas do Mercado por orde do concelleiro Gonzalo Muíños, amparándose nas restricións derivadas da Covid-19. A voceira do grupo municipal, Marta Lois, alegrouse de que o Executivo “asuma que, como dixo CA, era posible buscar unha nova localización para as praceiras”, e lamentou que “unha vez máis o equipo de Bugallo demostre que non tén iniciativas para afrontar a situación excepcional que vivimos, e que non é quen de procurar solucións”.

Segundo coñecimos hoxe polos medios de comunicación, o Goberno local vai permitir que as praceiras exerzan a súa actividade nun novo emprazamento ao carón do cruceiro de San Fiz. Precisamente, Compostela Aberta tén rexistrada unha proposición para o seu debate no Pleno da próxima semana na que se apunta a posibilidade de recuperar para estas vendedoras localizacións utilizadas históricamente nas inmediacións do recinto do mercado. Marta Lois agradeceu a rectificación do Goberno, pero apuntou que “tendo en conta que foi a falta de ideas do Executivo o que impediu que as praceiras exerceran a súa actividade, o Concello debe procurar vías para indemnizalas polas perdas que sufriran nestes días de expulsión do mercado”. A voceira de CA lembrou que “as praceiras non foron informadas en tempo e forma das restricións, de xeito que no día no que se efectivizou a súa expulsión moitas delas achegáranse xa á Praza cos seus productos, que son altamente perecedoiros e que acabarían estragándose por non poder vendelos”. Lois lembrou, ademais, que “trece días sen poder vender a colleita son moitos para este tipo de produtos da horta, ademais xusto no momento de maior produtividade do ano, e iso tradúcese en consecuencias económicas moi negativas para estas mulleres, que estiveron practicamente medio mes sen percibir os ingresos que poderían ter previstos”.

Tras a rectificación no relativo aos postos do mercado, Compostela Aberta agarda que, como tamén se solicita na proposición rexistrada para o seu debate no Pleno, o Goberno local impulse iniciativas para “poñer en valor ás praceiras, que son un emblema da cidade e que achegan un importante valor social e cultural á Praza de Abastos que debe ser respectado e difundido”.

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo