CA pide que se executen labores de limpeza na contorna do cruceiro de Amio

Compostela Aberta pedirá no Pleno da próxima semana que o Goberno acometa traballos de limpeza na contorna do cruceiro de Amio

Compostela Aberta pedirá no Pleno da próxima semana que o Goberno acometa traballos de limpeza na contorna do cruceiro de Amio, que na actualidade se atopa completamente rodeado de vexetación. O grupo municipal vén recibindo reiteradas queixas da veciñanza polo estado no que se atopa este elemento patrimonial.

O cruceiro atópase na carballeira de Amio, preto da antiga escola unitaria que foi rehabilitada durante o pasado mandato grazas a un obradoiro de emprego. Tal e como se recolle no portal municipal compostelaverde.santiagodecompostela,gal, é “de tipo crucifixo, bastante estilizado, de fuste cilíndrico apoiado nun pedestal único irregular e con filete circular; con cruz cilíndrica con talla da Virxe e de Cristo”. Malia a tratarse dun elemento ben accesible, situado preto dun viario público, o cruceiro de atópase na actualidade rodeado de vexetación que practicamente cobre a súa base na súa totalidade.

Para garantir a mellor conservación do cruceiro, Compostela Aberta pide que se realice unha roza na contorna do cruceiro de Amio, facendo visible este elemento patrimonial e protexéndoo dos danos que puidera causarlle o exceso de vexetación.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DE CA PARA A LIMPEZA DA CONTORNA DO CRUCEIRO DE AMIO

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo