CA pide que se impulse un Plan de Rescate Social para afrontar a crise do coronavirus

  • Compostela Aberta propón unha serie de medidas urxentes para combater a emerxencia social e a situación laboral derivada da pandemia e reforzar a colaboración coas iniciativas de voluntariado que están a xurdir na cidade
  • CA urxe a activar canto antes o Plan pola Reindustrialización de Santiago, “con medidas concretas e orzadas”

Compostela Aberta, a través de Martiño Noriega, reiterou hoxe ao Goberno local “o seu apoio e vontade de colaboración, diante da crise do coronavirus, e a disposición para chegar aos acordos que se consideren necesarios para afrontar tanto a situación actual como a previsible posterior crise social e económica”. Foi na reunión da Xunta de Voceiros, na que o portavoz de CA tamén achegou un documento con propostas do grupo municipal para “que o Concello reforce os dereitos sociais, os coidados e a seguridade no emprego, dentro do seu marco competencial”.

O documento presentado por Martiño Noriega na Xunta de Voceiros inclúe unha serie de medidas “que poden ser implementadas de maneira inmediata para combater a emerxencia sanitaria, sumándose ás xa impulsadas polo Concello e que contan co respaldo de Compostela Aberta”. Tamén se formulan outras propostas “pensadas a máis longo prazo, co obxectivo de que que a veciñanza vexa garantidos os seus dereitos sociais a longo prazo, e de contribuir á recuperación da actividade económica no municipio”.

Reforzo dos servizos sociais e seguridade laboral

As medidas inmediatas propostas por Compostela inciden na necesidade de reforzar os servizos sociais municipais e de atención, e en especial o Centro de Información á Muller “para garantir e ampliar o acompañamento das mulleres que sofren violencias e que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade por mor do actual estado de confinamento”. Tamén se propón que se articulen medidas “para prestarlle unha especial atención ás parroquias do rural, tendo en conta as súas particularidades e as da súa veciñanza en cuestións como o abastecemento”, e que se establezan as canles para a colaboración municipal coas redes de solidariedade que están a xurdir en Santiago. Por último, no  eido do social, suxíreselle ao Goberno local que inste á Xunta a convocar unha mesa de diálogo “para cooperar cos Concellos e cos representantes de todo o tecido que traballa no ámbito dos dereitos sociais”.

Tendo en conta as consecuencias que a actual crise sanitaria pode ter no eido laboral, o grupo municipal de CA tamén considera importante “establecer fórmulas que garantan a seguridade laboral de todos os traballadores e traballadoras das concesionarias municipais, así como convocar unha mesa de diálogo con representantes das centrais sindicais e do tecido empresarial e comercial da cidade para abordar a situación laboral derivada desta crise”. En canto aos empregados públicos e das concesionarias, CA propón que “aqueles traballadores e traballadoras que estean a quedar na casa, sen carga laboral, poidan reforzar os traballos de apoio á cidadanía”.

Medidas a longo prazo: Plan de rescate social e reindustrialización

O documento presentado por Compostela Aberta na Xunta de Voceiros tamén atende ás consencuencias que terá a crise do coronavirus a máis longo prazo, e por iso “inclúe medidas nas que o Goberno pode empezar a traballar pensando a futuro”. Así, o grupo municipal de CA insta ao Goberno municipal a deseñar un Plan de Rescate Social, que garanta os dereitos sociais de toda a cidadanía e en todo o termo municipal”. Ese plan debe atender a cuestións coa o reforzo dos servizos sociais, en particular do Servizo de Axuda no Fogar e da Renda de Garantía Básica; a activación da Renda de Garantía Infantil, o plan de coidados para persoas maiores,  e a atención ás persoas sen fogar, habida conta da renuncia á construción do Centro Municipal de Atención Integral ás Persoas Sen Fogar. Compostela Aberta entende que o Goberno tamén debe afrontar unha nova planificación para dous sectores estratéxicos para Santiago: o da cultura, cunha programación especial que palie as cancelacións derivadas do COVID-19; e o turismo, con especial atención ao ano 2021.

Por último, Compostela Aberta reitera a necesidade de traballar para que Santiago teña unha menor dependencia do sector terciario e do turismo, máis vulnerable a situacións como a que estamos a vivir. Nesa liña, ínstase ao Goberno local a activar a Mesa pola reindustrialización, en colaboración cos axentes económicos, concretando as medidas de aceleración precisas e precisando o orzamento necesario para desenvolvelas.

Unidade para superar a crise

O grupo municipal de Compostela Aberta reitera o seu convencemento de que “Santiago, e o conxunto do país, poderán superar a actual situación desde a unidade, a cooperación entre institucións e entre formacións políticas democráticas”. Para CA, “este é o tempo da solidariedade, de preservar o traballo, de coidarnos e de coidar aos máis febles, para superar este momento unidas”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O DOCUMENTO DE PROPOSTAS FRONTE Á CRISE DO CORONAVIRUS PRESENTADO POR CA

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo