CA pídelle a Bugallo que escoite á veciñanza do Ensanche: “Hai que buscar unha solución para Peleteiro que cause os mínimos prexuízos á cidadanía”

Marta Lois e Jorge Duarte participaron na asamblea convocada pola Plataforma de Afectadas pola parcela de Peleteiro, á que non asistiu o PSOE
  • Compostela Aberta reitera que apoiará a alternativa que xere consenso, e pide traballar nunha vía alternativa que logre ese acordo

A portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, e o concelleiro Jorge Duarte reclamáronlle hoxe ao alcalde que retome o diálogo co conxunto da veciñanza do Ensanche “para atopar unha solución para Peleteiro que xere o consenso que precisa unha operación deste calado e pola que Santiago leva dúas décadas agardando”. Foi despois de teren participado na asamblea informativa organizada pola Plataforma de Afectadas pola parcela de Peleteiro, á que foron convidados os catro grupos da Corporación municipal e na que só rexeitou intervir o PSOE. Para Lois e Duarte, “non hai mellor exemplo do pouco interese que ten Bugallo en transparentar e contrapoñer as diferentes opcións que se seguen barallando para a parcela do antigo colexio”.

Na xuntanza celebrada onte, salientou Marta Lois, “quedou en evidencia o descontento da veciñanza ante a falta de diálogo co Goberno, que non está a explicar con claridade os motivos polos que defende unha opción para Peleteiro que segue sen gozar de consenso”. Para a portavoz municipal de Compostela Aberta, “recuperar o acordo que había en 2019 é fundamental por principios democráticos, pero tamén por seguridade xurídica, tendo en conta ademais que a veciñanza do ámbito de Peleteiro,e máis en concreto da rúa da Rosa, xa ten recurrido anteriormente, e con éxito, aos tribunais”

Buscar unha nova vía

O concelleiro Jorge Duarte insistiu en que “despois de todo o traballo que se leva feito nos últimos anos, o Goberno non pode renunciar a conseguir o consenso do tecido comercial e veciñal do Ensanche, porque ese consenso xa existía en 2019”. Para o edil, “os residentes demostraron na reunión de onte que queren ser oídos, e os tres grupos políticos que asistimos á xuntanza demostramos que estamos dispostos a escoitalos e a procurar novas vías para darlle a mellor solución á operación Peleteiro”. Agora, incidiu, “tócalle a Bugalo explicar por que é o único que prefire non dar explicacións nunha asamblea veciñal coma a de onte”.

Duarte lembrou que CA “xa adiantou que non se oporá a ningunha solución consensuada para Peleteiro, pero onte quedounos claro que esa solución ainda non existe”. Por iso, o concelleiro ofreceu a colaboración de Compostela Aberta “para traballar nunha nova vía que sexa integradora e que garanta o acordo, unha vía que mesmo podería pasar por incrementar a dotación pública da parcela a través dun investimento municipal”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo