CA pídelle á Xunta que mellore os protocolos de atención ás familias no caso de mortes en accidente

A proposta nace do caso dunha veciña de Santiago que perdeu ao seu fillo de 31 anos, e que viu agravada a súa dor pola falta dunha atención axeitada

Compostela Aberta levará ao Pleno desta semana unha moción para instar á  Xunta a revisar e mellorar os protocolos de atención ás familias no caso de falecemento en accidente dalgún dos seus membros. O concelleiro Jorge Duarte defenderá a proposta, que tén a súa orixe no caso dunha veciña de Compostela que perdeu ao seu fillo de 31 anos nun accidente no Carballiño no ano 2017. A muller vén denunciando que a falta dunha atención adecuada aprofundou no dano irreparable que lle produciu a perda do seu fillo.

Compostela Aberta recolle na moción as demandas que vén realizando desde hai tres anos Esperanza Rodríguez, que sufriu unha traumática experiencia coa morte do seu fillo, agravada por un protocolo que a administración autonómica debe revisar e mellorar. Tal e como relata, a familia tivo que trasladarse de Santiago a Ourense para recoñecer o cadáver do seu fillo, enfrontouse a impedimentos para  a realización dese trámite, sufriu a demora na chegada do forense, e non recibiu ningún tipo de atención psicolóxica.

Coidar das persoas

Para Jorge Duarte, “é evidente que o Sergas non está a cumprir coa súa obriga de coidar das persoas, tamén daquelas que acaban de sufrir unha perda que nunca poderá ser reparada como é a morte dun fillo”. O concelleiro pídelle á  Xunta que “evite que máis familias sufran o que sufriu  esta veciña de Compostela, e que para iso revise os seus protocolos de atención aos familiares, colocando ás persoas no centro e facilitando o trato neses momentos tan duros e dolorosos”. Para iso, os protocolos deben recoller “a necesaria atención psicolóxica ás persoas afectadas, a transparencia e información á familia en todo momento, así como a posibilidade de habilitar un espazo de reencontro, recoñecemento e despedida do seu ser querido”.

No Pleno do próximo xoves, e a partir da moción presentada por CA, está previsto que interveña Esperanza Rodríguez para explicar o seu caso, e para sinalar cales son os necesarios cambios nos protocolos da Xunta.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE CA PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A REVISAR E MELLORAR OS PROTOCOLOS DE ATENCIÓN DAS FAMILIAS DESPOIS DO FALECEMENTO EN ACCIDENTE DALGÚN DOS SEUS MEMBROS

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo