CA pídelle ao Concello que “non secunde a irresponsabilidade da Xunta” e manteña a limitación de aforos e o reforzo de liñas no transporte urbano

Compostela Aberta denuncia que o Goberno de Feijóo mantén o aforo nos autobuses ao 100% “só para non ter que gastar no reforzo do servizo, e mentres impón serias restricións a sectores como a hostalería”

Compostela Aberta pediulle hoxe ao Goberno local que manteña limitacións de aforo nos autobuses urbanos e reforce as liñas que teñan unha maior ocupación, malia a decisión da Xunta de permitir a ocupación do 100% dos asentos no transporte de viaxeiros que é da súa competencia. Para o grupo municipal de CA, “o Goberno de Feijóo volve demostrar que a súa prioridade non é a saúde pública, e que as únicas medidas que está disposto a adoptar nesta pandemia son as que non lle custan cartos porque só se basean no sacrificio da cidadanía”.

Compostela Aberta insta ao Goberno a manter a redución do aforo no transporte público ao 50%, e a reforzar as liñas máis utilizadas, e nos horarios con maior demanda. Para o grupo municipal de CA, “o Concello de Santiago non pode facer seguidismo da Xunta nunha decisión tan irresponsable como a que vén den recoller na nova orde publicada no Diario Oficial de Galicia”, que permite a ocupación da totalidade dos asentos dos autobuses e só establece limitacións para as prazas de pé, ao tempo que aconsella que os viaxeiros e viaxeiras manteñan entre elas a máxima distancia posible.

Compostela Aberta entende que a Xunta “volve adoptar unha decisión que se basea en criterios económicos e políticos máis que de saúde pública, porque o único que pretende o Goberno de Feijóo é aforrar os custos e os trámites que suporía ter que reforzar os servizos de transporte que son da súa competencia”. O grupo municipal lamenta que a Xunta “actúe nesta crise únicamente impoñendo restricións á cidadanía e pedindo medidas a outras administracións”. Nesa liña, CA lembra que “é incomprensible que o Goberno de Feijóo veña de decretar o peche da hostalería baixo o argumento dos riscos de contaxio, e cunhas compensacións económicas para o sector claramente insuficientes, ao tempo que permite que continúe a masificación no transporte público por non querer ou por non ser quen de establecer alternativas con garantías para a poboación”.

Arquivado en:FeijóoXunta
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo