CA pídelle ao Goberno local información do seu protocolo de actuación fronte á Covid-19 nas escolas infantís municipais

Compostela Aberta demanda información sobre como vai afrontar o Concello a limpeza e desinfección dos CEIPS, e sobre as obras de mantemento executadas nos colexios durante o verán

Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta para que o Goberno local explique os pasos que tén dado de cara a afrontar ao inicio do curso escolar, nas cuestións que son da súa competencia. En concreto, a concelleira Branca Novoneyra pide explicacións sobre o protocolo de actuación que se vai seguir nas escolas infantís municipais, e sobre a limpeza e desinfección dos CEIPs, que lle corresponde executar ao Concello.

Branca Novoneyra lembra que falta menos dun mes para que arranque o próximo curso académico, “e son moitas as incertezas ás que se enfrontan as familias por mor da Covid-19, moitas delas derivadas da inacción da Xunta de Galicia que é quen tén as principais competencias en materia de Educación”. A concelleira mostrou a súa preocupación porque “a situación se poida ver agravada pola pasividade do Goberno local nos asuntos nos que tén a responsabilidade, máis tendo en conta que a concelleira responsable de Educación abandonará próximamente a Corporación municipal e a persoa que a substitúa previsiblemente non terá marxe temporal de maniobra”.

Escolas infantís municipais

A concelleira de Compostela Aberta referiuse, en concreto, ao inicio do curso nas escolas infantís municipais, previsto para o 4 de setembro. Novoneyra lembra que en Santiago “temos tres escolas infantís de titularidade municipal en Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, e cómpre esclarecer como se vai afrontar nelas a volta ás aulas neste contexto de pandemia”. Por iso, na pregunta que vén de ser rexistrada para a súa resposta por parte do Goberno, CA pide que se explique se se está a traballar nun protocolo de actuación consensuado coas direccións e as ANPAS das escolas infantís municipais, cando estará listo, e en que vai consistir.

Limpeza e mantemento

Do mesmo xeito, Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que informe de como vai atender as novas necesidades de limpeza e desinfección, tanto nas escolas infantís municipais como nos centros de Educación Infantil e Primaria. Ao respecto, a concelleira lembrou que o Concello tén pendente de licitar o novo contrato para o servizo de conserxería, limpeza e control das instalacións dos CEIPs dependentes do Concello, “un contrato para o que nos orzamentos se prevé un custo anual de 1,3 millóns de euros, e para o que se debera estar traballando tendo en conta as necesidades derivadas da pandemia do coronavirus”.

Por último, na pregunta rexistrada Compostela Aberta interésase polas obras de mantemento dos CEIPs, que habitualmente se desenvolven nos meses de verán. O grupo municipal de CA quere coñecer que traballos se levaron a cabo ou se están a executar para preparar a volta ao colexio en setembro, e para os que os orzamentos municipais prevían unha partida de máis de 400.000 euros.

PODES LER AQUÍ A PREGUNTA FORMULADA POR COMPOSTELA ABERTA SOBRE O INICIO DE CURSO ESCOLAR NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E SOBRE O MANTEMENTO DOS CENTROS
EDUCATIVOS DE PRIMARIA

Novas
relacionadas

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

Compostela Aberta denuncia o fracaso da convocatoria de axudas para actividades culturais, con só tres entidades beneficiarias

Branca Novoneyra reclama un plan de formación para as asociacións culturais, “porque non é asumible que só 3 entidades reciban este tipo de axudas e queden sen gastar 30.000 euros”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo