CA pídelle ao Goberno que desbote a posibilidade de disolver a Fundación Refuxio de Animais e de privatizar o servizo

Compostela Aberta lamenta que a concelleira de Benestar Animal considere que esa é a mellor opción diante dos gastos de persoal do Refuxio de Bando

A concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra mostrou hoxe a súa preocupación despois de que na última reunión extraordinaria da Fundación Refuxio de Animais a edila responsable de Benestar Animal comunicara que valora a posibilidade de privatizar o servizo ao entender que os gastos de persoal da entidade son insostibles. CA levará ao próximo Pleno un rogo para instar ao Goberno a rexeitar esa opción e para coñecer que xestións se están a realizar para garantir a sostibilidade do servizo.

Branca Novoneyra explicou que na última reunión do Padroado da Fundación Refuxio de Animais, celebrada o pasado 16 de xullo, a concelleira Esther Pedrosa afirmou que o Goberno está a valorar a posibilidade de disolver esta fundación e privatizar o servizo, ao considerar que é insostible afrontar os seus gastos de persoal. A concelleira de Compostela Aberta, que xa mostrou a súa discrepancia con esa opción na propia xuntanza, reclámalle ao Goberno que informe das xestións que tén abertas para posibilitar a sostibilidade do Refuxio. Nesa liña, Novoneyra pide coñecer que xestións ou que medidas se están a adoptar para incrementar os ingresos do Refuxio, que é pioneiro na atención ao Benestar en Galicia, e se se tén elaborado algún plan de financiamento coa colaboración de todos os concellos que forman parte da Fundación. Para a concelleira de CA, é preocupante que a única alternativa que formule a edila responsable de Benestar Animal sexa a privatización do Refuxio, “sen ter en conta como lle podería afectar esa externalización á calidade do servizo ou á situación laboral dos traballadores e traballadoras da Fundación”.

A Fundación Refuxio de Animais está participada, ademais de por  Santiago, polos concellos de Vedra, Teo, Val do Dubra, Touro, Boqueixón, Trazo e Dodro. Estes dous últimos municipios incorporáronse á entidade na reunión extraordinaria da semana pasada, na que a concelleira desvelou os seus lans para a disolución da entidade. O Refuxio de Bando é unha instalación modélica en Galicia, e é o único que pode ser considerado como un auténtico centro de protección animal.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DE CA PARA EVITAR A DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS E A PRIVATIZACIÓN DO  SERVIZO

Novas
relacionadas

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA pide explicacións pola falta de mantemento do ascensor de Triacastela

A veciñanza vén denunciando a falta de mantemento e limpeza do ascensor ao longo de todo o mandato

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo