CA pídelle ao Goberno que explique cando se van acometer as actuacións anunciadas para o barrio do Viso

María Rozas percorreu a zona acompañada pola veciñanza, que reclama información sobre o proxecto de canalización de augas pluviais desde o Gaiás

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle hoxe ao Goberno que cumpra os seus compromisos coa veciñanza do Viso, e que aclare como e cando se vai acometer o investimento de 150.000 euros anunciado polo alcalde para evitar os asolagamentos na rúa do Ameneiral. María Rozas visitou o barrio, acompañada por representantes veciñais, que seguen sen noticias sobre as obras comprometidas por Bugallo.

A comezos de marzo, o alcalde e a concelleira de Medio Ambiente visitaron o Viso, e alí explicaron que o Concello estaba avanzando nun proxecto “que suporía un investimento estimado de máis de 150.000 euros para o encauzamento das augas pluviais procedentes da AP-9 e do Monte Gaiás”. A portavoz de CA pediulle ao Goberno que “despois dese anuncio, explique cal é a tramitación que se fixo sobre esta actuación, porque a realidade é que o Concello non tén orzamentos en vigor cos que poder acometer a obra, e nada se informou á veciñanza sobre os contactos que se ían manter coas administracións central e autonómica para buscar outras fontes de financiamento”. Para María Rozas, “todo apunta a que este foi un anuncio electoralista máis de Bugallo, porque parece evidente que eta actuación non vai quedar sequera encamiñada neste mandato”.

Durante a súa visita ao barrio, na que estivo acompañada por André Seoane, María Rozas tamén coñeceu a preocupación polo estado dun muro de contención que está afectado polo paso de vehículos pesados, “e que foi valado polo Concello, pero que se descoñece se se van adoptar outras medidas e cando”. Ademais, a veciñanza explicou outras demandas do barrio, como o asfaltado dunha pista no Viso de Arriba para mellorar as conexións da aldea,  o arranxo das varandas da ponte sobre o río, ou a necesidade de mellorar o alumeado na aldea.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo