CA pídelle ao Goberno que garanta o cumprimento da ordenanza de terrazas

Jorge Duarte advirte das molestias xeradas á veciñanza por unhas terrazas sobredimensionadas e lembra que xa non están vixentes as restricións no interior dos locais que levaron a flexibilizar o uso do espazo público na pandemia

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte pediulle hoxe ao Goberno local “que reactive o control das terrazas, para garantir que se cumpra a ordenanza que regula a ocupación do espazo público”. O edil explicou que nas últimas semanas estanse a producir moitas queixas de veciños e veciñas que atoparon dificultades, non só para transitar polas rúas e prazas, senón mesmo para accederen ás súas vivendas. Para Duarte, “unha vez que se levantaron todas as limitacións da pandemia para a ocupación no interior dos establecementos, urxe recuperar tamén a normalidade no que tén que ver co uso que fan do exterior”.

Jorge Duarte lembrou que na pandemia Compostela Aberta mostrouse favorable a flexibilizar a ocupación do espazo público por parte dos locais de hostalería, co obxectivo de facilitar o mantemento dos negocios e dos postos de traballo nun dos sectores máis damnificados polas restricións derivadas da Covid. Agora, sinalou o concelleiro, xa non hai limitacións para a ocupación do interior dos locais, “e polo tanto non está xustificado que as terrazas sigan estando sobredimensionadas”. Duarte explicou que nas últimas semanas, “a alta presión turística que sufriu a zona histórica traduciuse tamén no descontrol das terrazas, especialmente en puntos sensibles como Carretas ou a Troia, nos que os veciños e veciñas atoparon dificultades mesmo para acceder aos portais das súas vivendas pola presenza de mesas e cadeiras que non respectaban a ordenanza en vigor”.

O edil de CA preguntará no próximo Pleno pola situación das terrazas e polo incumprimento da ordenanza municipal de terrazas, “que foi aprobada durante o pasado mandato co obxectivo de conciliar as demandas dos establecementos co dereito da veciñanza a desfrutar e circular con liberdade polo espazo público”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE O CONTROL DA OCUPACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO POR PARTE DAS TERRAZAS DE HOSTELERÍA

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo