CA pídelle ao Goberno que “habilite todos medios de prevención contra os incendios para evitar incidentes nos Fogos do Apóstolo”

  • Xan Duro lembra que “as altas temperaturas dos últimos días requiren a máxima precaucación para que non se repita o acontecido en 2020”

Compostela Aberta urxiu hoxe ao Goberno local “a poñer en marcha todas as medidas preventivas e a prever o maior reforzo de medios que sexa posible para evitar incidentes nos Fogos do Apóstolo diante da situación de seca e de temperaturas extremas que está a vivir Santiago”. O concelleiro Xan Duro mostrou a súa preocupación “porque o espectáculo pirotécnico volve incluír puntos de lanzamento que teñen riscos do punto de vista da posibilidade de que se rexistren incendios, como o que xa vivimos no ano 2020”.

O espectáculo pirotécnico da noite do 24 de xullo prevé cinco puntos de lanzamento: a Alameda, a Cidade da Cultura, As Cancelas, o parque de Carlomagno e o parque de Eugenio Granell. Xan Duro sinalou que se trata de “localizacións que nalgún caso poden resultar conflitivas, e máis na situación meteorolóxica que atravesamos, con moitas xornadas seguidas con temperaturas extremas”. O concelleiro de CA reclamou que “se impulsen todas as medidas que sexan posibles para evitar situacións como a que vivimos en 2020, cando os Fogos do Apóstolo orixinaron un incendio na zonado Monte do Seixo, e para actuar coa maior premura no caso de que esas situacións se repitan”. 

Duro pediulle ao Goberno que actúe “con premura e con previsión, ao contrario do que fixo en 2020 cando a Delegación do Goberno comunicou numerosas deficiencias no Plan de Seguridade e no Plan de Emerxencia, con cuestións que non foron resoltas ata as horas previas ao espectáculo”. Ademais, reclamou que se adopten outras medidas “como a roza das fincas próximas aos puntos de lanzamento, tendo en conta que o propio alcalde atribuiu á falta de limpeza dos terreos o incendio orixinado en 2020”.  O edil de CA lembrou, por último, que a Consellería de Medio Rural vén de remitir circulares aos concellos galegos para lembrarlles a prohibición do uso de fogos de artificio e pirotecnia en terreos forestais ou de influencia forestal nas áreas nas que o índice de risco de incendios sexa extremo, tal e como sinala a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Segundo esa normativa, o Concello non poderá autorizar a utilización de artefactos que leven aparellado o uso de fogo, fogos de artificio, globos e artefactos pirotécnicos; e no caso de que ó índice de risco diario de incendio forestal sexa extremo o día da celebración, entenderánse revogadas as autorizacións emitidas con anterioridade”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo