CA pide que se retomen os trámites para arranxar e destinar a uso sociocultural a vivenda en ruinas da rotonda de Conxo

Jorge Duarte lembra que no pasado mandato iniciáronse as xestións para lograr que o Ministerio de Fomento cedera a titularidade do inmoble

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte pediulle hoxe ao Goberno local que retome os trámites para rehabilitar e destinar a uso sociocultural o inmoble situado no número 128 da rúa de Sánchez Freire, ao carón da rotonda de Conxo. O edil lembrou que a casa, en estado de ruínas, non pode ser derrubada por situarse no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Conxo, e por iso durante o anterior mandato se iniciaran as xestións para lograr a súa cesión ao Concello de Santiago.

A vivenda do número 128 da rúa de Sánchez Freire é unha edificación tradicional en estado de abandono, que no seu momento fora expropiada polo Ministerio de Fomento para as obras do enlace do periférico. Ainda que a intención do Goberno central era demoler a construción, non puido facelo porque o inmoble está afectado polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Conxo. Por este motivo, explicou Jorge Duarte,”no pasado mandato o Goberno de Compostela Aberta iniciou os trámites para que Fomento lle cedera a vivenda ao Concello de Santiago”. Tal e como recorda o edil, “a intención era que a casa fora destinada a uso sociocultural, como espazo complementario ao centro Aurelio Aguirre, tal e como demandan as asociacións veciñais e culturais”.

Duarte sinalou que “a día de hoxe descoñecemos cales son os plans do Goberno local, se ten continuado cos trámites para lograr a cesión da vivenda e, de ser así, se ten definidos os usos que tería o edificio”. Por todo iso, o concelleiro de Compostela Aberta preguntará no Pleno ordinario que se celebrará o próximo 31 de maio.

Novas
relacionadas

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

CA creará unha Oficina Municipal de Vida Independente “porque as personas con diversidades teñen dereitio a decidir como queren vivir”

María Rozas comprométese a impulsar “un concello máis accesible e inclusivo, no que se limiten as barreiras físicas e cognitivas e no que se teñan en conta a colectivos en exclusión na contratación e na convocatoria de emprego público”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo