CA pregúntalle ao Goberno cando vai licitar os contratos de conserxería e limpeza dos CEIPS e das instalacións deportivas

  • María Rozas lembra que “os dous servizos son prestados sen contrato, mentres que o persoal leva anos reivindicando melloras laborais que deberan ser contempladas nos novos pregos”

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que explique cando ten previsto iniciar a licitación dos contratos de conserxería e limpeza dos CEIPS e de varias instalacións deportivas de competencia municipal, e que medidas vai adoptar para garantir quese cumpran as reivindicacións e as demandas do persoal que atende estes servizos. María Rozas denunciou o atraso que acumulan eses procedementos “que aparecían no Plan de Contratación de 2020, polos que preguntamos hai un ano no Pleno, e sobre os que o Goberno de Bugallo non parece ter feito nada nos tres anos que levamos de mandato”.

En xullo de 2021, Compostela Aberta xa preguntara no Pleno polas previsións do Goberno sobre tres contratos de conserxería e limpeza: o das instalacións dependentes do Concello, o dos CEIPs, e o de varias instalacións deportivas.  Transcorrido un ano, o Goberno só foi quen de licitar o primeiro deles e os outros dous servizos estánse prestando en precario. No caso dos CEIPs, é Ferrovial Servicios quen se segue ocupando da conserxería e limpeza, e nada se sabe da nova licitación, que xa aparecía contemplada no Plan de Contratación de 2020. En canto ás instalacións deportivas, o servizo funciona unha orde de continuidade desde maio de 2021, despois de que a empresa Lacera renunciara a un segundo ano de prórroga do contrato. 

Tal e como explica María Rozas, “o atraso na licitación destes contratos preocupa especialmente porque falamos de servizos nos que o persoal leva anos trasladando reivindicacións sobre as súas condicións laborais que en certa medida deben ser atendidas nos novos pregos”. Así, no caso da limpeza e conserxería dos CEIPS, os traballadres e trabaadoras veñen reclamando que se homoxeneicen as categorías profesionais para garantir que a postos similares existan as mesmas condicións. En canto ao serivzo de conserxería e limpeza das instalacións deportivas, “a situación é máis grave, porque xa existe un conflito xudicial sobre a interpretación do convenio colectivo no que tén que ver coa actualización dos salarios, que entendemos que o Concello debe ter en conta, a favor do persoal, nos novos pregos”. A maiores, este persoal reclama “unha ampliación das melloras sociais, e unha reorganización do traballo que favoreza as contratacións por xornada completa”.

PODES LER AQUÍ A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE OS SERVIZOS DE  CONSERXARÍAS E LIMPEZA DOS CENTROS EDUCATIVOS E DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS QUE ACTUALMENTE SEN CONTRATO

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo