CA presenta alegacións ao anteproxecto de ampliación do Clínico para garantir a construción dunha nova área de aparcadoiro

Jorge Duarte lembra que “existen alternativas, pero segue faltando vontade política da Xunta e de Bugallo para solucionar os problemas de mobilidade no CHUS”

Compostela Aberta vén de presentar un escrito de alegacións ao anteproxecto de ampliación do Hospital Clínico, “co obxectivo de garantir que se contemple a necesaria construción dunha nova área de aparcadoiro, que evite que se agraven os problemas de estacionamento e mobilidade que xa presenta a día de hoxe o CHUS”. O concelleiro Jorge Duarte insistiu en que “hai espazos para ese novo aparcamento, pero falta a vontade política da Xunta, e a vontade de Bugallo de enfrontarse a Feijóo para defender os intereses da cidadanía”.

Jorge Duarte incidiu en que “é evidente que a ampliación do Clínico é necesaria, tal e como se xustifica no anteproxecto, porque o complexo presenta evidentes carencias de carácter asistencial que urxe solucionar”. O concelleiro insistiu en que “Compostela Aberta non pón en dúbida esa necesidade, pero sostén que é posible afrontar esa actuación garantindo que non se agrave a problemática que xa existe na contorna do CHUS en materia de mobilidade”. O edil lembrou que “desde o momento da súa apertura, hai case 20 anos, no recinto existen problemas de accesibilidade e estacionamento, que non se poden solucionar unicamente a través do reforzo do transporte público porque o Clínico atende a unha área sanitaria de cerca de 400.000 persoas, e porque moitas persoas usuarias deben desprazarse en condicións especiais”

Tal e como se recorda no escrito de alegacións, o propio Plan Funcional para a ampliación do Hospital Clínico, aprobado pola Xerencia da Xestión Integrada da Área de Santiago do SERGAS, sinala que “a ampliación prevista para o Hospital Clínico debido á súa localización implica a supresión dalgunhas prazas de aparcamento en superficie. O que vén a reducir un recurso xa escaso de por sí no Hospital Clínico (…) É por iso que, ainda que dentro do proxecto de ampliación non está prevista a construción de áreas de aparcamento, sí debera terse en conta a futuro unha solución global para este servizo”. Jorge Duarte sinala que, seguindo esa directriz do propio SERGAS, “a Xunta e o Concello poden traballar en alternativas viables”. Entre elas, Duarte apuntou á utilización dunha parcela municipal próxima ao Clínico que tén aprobado un estudo de detalle que contempla a construción dun aparcadoiro con 500 prazas e unha praza pública en superficie que podería servir de conexión  peonil co hospital; ou á utilización do ámbito do SUD 9-10 Estrada de Vigo-Chouchiños, que tamén podería recoller a previsión dun novo estacionamento. Ao respecto, Duarte adiantou que Compostela Aberta tamén presentará unha emenda á proposta de modificación puntual do PXOM neste ámbito, que o Goberno levará ao próximo Pleno, para que se contemple que esas parcelas sexan utilizadas para a ampliación do Complexo Hospitalario e a mellora da mobilidade e o aparcamento vinculado ao ámbito do CHUS. 

Jorge Duarte incidiu en que, en calquera caso, as novas áreas de estacionamento que se deben contemplar no anteproxecto de ampliación do Hospital Clínico “deben ser públicas e de xestión pública, garantindo prezos asequibles para as persoas usuarias, e deben asegurar a comunicación directa co propio edificio do hospital para facilitar o acceso ás persoas usuarias con maiores dificultades ou en situación sanitaria máis grave”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A ALEGACIÓN DE COMPOSTELA ABERTA AO ANTEPROXECTO DA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL CLÍNICO

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Compostela Aberta creará unha rede pública de bicicletas eléctricas

Xan Duro e Miguel Penas presentaron as propostas de CA en materia de mobilidade “un dos principais retos de futuro de Santiago xunto coa vivenda”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo