CA propón unha candidatura de unidade popular do conxunto do espazo e con presenza do municipalismo

No documento aprobado por unanimidade, CA insiste en que  “neste contexto, e no marco natural para reforzar o ​suxeito político galego​, é imprescindible pór a nosa experiencia municipalista e de goberno ao servizo do conxunto da cidadanía galega e poder iniciar un camiño de transformación e mudanza política no noso país”

Compostela Aberta acordou, nunha asemblea extraordinaria, dar o seu apoio e implicarse nunha candidatura de unidade popular para as próximas eleccións galegas do 5 de abril, que sexa representativa do conxunto do espazo e na que se garantan vías para a participación da organización nese proceso electoral. No caso de que esa candidatura de unidade non sexa viable, celebrarase unha segunda sesión da asemblea para decidir  a posición de CA.

Nun documento aprobado hoxe por unanimidade, Compostela Aberta lembra que “ainda sendo un proxecto político municipalista, sempre fomos conscientes de que as políticas transformadoras non se poden aplicar só desde o local, e coerentemente con isto, témonos implicado na construción de alternativas de ámbito nacional”. Nesa liña, lembra que “nos últimos cinco anos, CA ten exercido como o referente local da acción politico-institucional desenvolvida polo espazo da esquerda rupturista, tanto no Parlamento galego como nas Cortes do Estado”.

Momento crucial 

Compostela Aberta lembra que as próximas eleccións galegas “chegan nun momento crucial para definir o campo da acción política do futuro próximo”, e incide en que “necesitamos un novo goberno galego que se aproveite da nosa experiencia de goberno, que ten demostrado que a nosa é unha alternativa real e viable para defender o ben común e impulsar políticas transformadoras, despois de derrotar ao Partido Popular e cesar as súas políticas depredadoras”. No documento aprobado por unanimidade, CA insiste en que  “neste contexto, e no marco natural para reforzar o ​suxeito político galego​, é imprescindible pór a nosa experiencia municipalista e de goberno ao servizo do conxunto da cidadanía galega e poder iniciar un camiño de transformación e mudanza política no noso país”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O DOCUMENTO APROBADO NA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE CA

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo