CULTURA

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

Compostela Aberta reclamará no próximo Pleno que o Gobierno encargue a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura de Santiago, “para realizar unha planificación do sector, preservando numerosos proxectos históricos e abrindo o campo a novas iniciativas para que garantan o dereito ao acceso e á participación da cidadanía na cultura”. Explicouno Branca Novoneyra, que denunciou que “Compostela non deixa de perder posicións nos barómetros das políticas culturais das principais cidades do Estado”.

A concelleira de Compostela Aberta referiuse ao informe “Lo mejor de la cultura 2022”, publicado a semana pasada pola Fundación Contemporánea e que está considerado un barómetro de referencia a nivel estatal. Para Novoneyra “é moi preocupante que Santiago siga perdendo postos nese informe sobre a calidade e a innovación da oferta cultural, pasando do 10 que acadamos en 2016 ao posto 15 no que se atopa a capital galega no ranking de 2022, que coñeciamos a semana pasada”. En termos porcentuais, apuntou, “a baixada é de catro puntos de media neste mandato con respecto ao anterior”. Ademais, a concelleira salientou que “Santiago non resiste a comparativa con outra cidade galega como A Coruña, que pasou de estar detrás de Compostela en canto á calidade da oferta cultural no ano 2016, a situarse cinco postos por diante”. Así, no informe de 2016, Santiago situábase no décimo posto do ranking de cidades do Estado en canto á calidade da súa oferta cultural e A Coruña atopábase no décimoquinto; xusto ao contrario do que acontece no ranking de 2022”. 

Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra incidiu en que “diante desta involución, é necesario que o Concello adopte medidas e fixe as prioridades da política cultural municipal a medio prazo, que sirvan de base a decisións estables alén dos ciclos electorais”. Nesa liña, a concelleira apostou por encargar a redacción dun Plan Estratéxico da Cultura Municipal “que naza dunha avaliación consensuada por axentes sociais e culturais, que reflicta a diversidade das miradas desde os ámbitos público, privado e asociativo; que comparta un mapa cultural da cidade e oriente as políticas públicas no ámbito da cultura, cun horizonte dun mínimo e cinco anos”. 
A concelleira de Compostela Aberta apuntou ao exemplo de Ferrol, “pìoneira na posta en marcha dun Plan Estratéxico da Cultura, co obxectivo de imprimir orde e racionalidade na acción cultural municipal, integrar na maior medida posible a pluralidade de voces, perspectivas, intereses e sensibilidades da sociedade no que atinxe ao eido cultural; e dotar de continuidade á acción cultural municipal”. Para  Novoneyra, “estes debe ser tamén o horizonte co que traballe o Concello de Santiago, e por iso sería desexable que o actual Goberno deixara xa encargada a elaboración dese Plan Estratéxico”. Novoneyra incidiu en que “non se poden adoptar decijsións sen datos, e a realidade é que imos rematar o mandato sen que sequera se actualice o informe Municipal da Cultura”.

Documentación
relacionada
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA POLA REDACCIÓN URXENTE DUN PLAN ESTRATÉXICO DA CULTURA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo