CA reclama que os atletas non federados recuperen o dereito a adestrar no estadio municipal Verónica Boquete

  • Xan Duro sostén que non hai motivos para manter as restricións de acceso impostas durante a pandemia

Compostela Aberta pedirá no próximo Pleno que o Concello de Santiago volva permitir o acceso de atletas non federados ao estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro para realizaren os seus adestramentos. O concelleiro Xan Duro lamentou que “no actual escenario de volta á normalidade en practicamente todos os ámbitos, os deportistas sigan atopando estas restricións para a utilización dunhas instalacións deportivas municipais”.

Durante a pandemia da Covid, o Concello de Santiago mudou as normas de acceso ás instalacións municipais, tamén as deportivas. As restricións afectáronlle ao público, pero tamén aos deportistas. No caso do estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, acordouse permitir a utilización das pistas de atletismo tan só aos atletas federados. A día de hoxe, explicou Xan Duro, esta restrición segue vixente, cos prexuízos que iso supón para  numerosos deportistas de Santiago non federados, “nunha cidade na que é coñecida a carencia de instalacións acaídas para a práctica do atletismo”. O concelleiro de Compostela Aberta instou ao Goberno a “recuperar as normas de acceso ás instalacións previas á pandemia, para facilitar os seus adestramentos a todos os atletas de Santiago, estean ou non federados”.

 

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo