CA reclama un plan integral para Sar “que aborde a execución das grandes obras pendentes e a dignificación do barrio”

Jorge Duarte lembra que no anterior mandato quedaron feitos proxectos que seguen esquecidos, como o segundo tramo da rúa Castrón Douro ou o equipamento deportivo e aparcamento das Brañas de Sar
  • Compostela Aberta reclama que se atendan as demandas veciñais en materia de mantemento

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte reclamoulle hoxe que o Concello impulse e desenvolva un plan específico para a zona de Sar, que contemple a execución das grandes obras que aínda están pendentes no barrio, pero tamén a mellora do seu mantemento e a achega de solucións ás demandas da súa veciñanza. O edil pediulle ao Goberno que estableza as necesarias canles de diálogo co tecido asociativo e veciñal, para deseñar ese programa de actuacións recollendo as súas necesidades.

Jorge Duarte explicou que nas últimas semanas “vimos escoitando numerosas queixas polo abandono que sofre o barrio de Sar, e que se traduce non só no risco de que se esquezan os grandes proxectos de mellora urbana que estaban previstos na zona, senón tamén en cuestións de menor envergadura, relacionadas coa falta de mantemento”. De feito, a semana pasada, a portavoz de Compostela Aberta, Marta Lois, e os concelleiros Jorge Duarte e Xan Duro mantiveron unha xuntanza coa representación veciñal, “na que constatamos ese malestar polo pasotismo do Goberno en moi diferentes problemáticas”. Co obxectivo de atallar esta situación, o grupo municipal de CA levará ao Pleno unha proposición na que reclama un plan específico de actuacións para o barrio.

Grandes proxectos gardados nun caixón

Jorge Duarte denunciou que, transcorrida máis da metade do actual mandato, “nada sabemos de proxectos que estaban redactados e aprobados, e que foran consensuados no barrio”. Entre eles, citou a reurbanización do segundo tramo da rúa de Castrón D´Ouro, ou a intervención integral nas rúas Ponte do Sar, Cruceiro do Sar e Sandino, que prevía unha mellora no entronque coa rúa Diego Bernal, a ampliación de beirarrúas e a creación de espazos comunitarios para a veciñanza”. Este proxecto, explicou, “xa ten os trámites ambientais feitos, e sería fundamental desenvolvelo porque non abonda neste punto con realizar labores de aslfaltado”

O concelleiro de Compostela Aberta tamén destacou o anteproxecto de acondicionamento dunha parcela de máis de 40.000 metros cadrados, no denominado Sistema Xeral ZD-6 Zona Deportiva das Brañas do Sar, para a creación dun novo equipamento deportivo que substitúa a plataforma actual e estea mellor integrado paisaxísticamente. Duarte incidiu en que neste anteproxecto “estaba contemplada a creación dunha área de aparcamento, que permitiría resolver o grave problema de estacionamento que sofre a zona de Sar; e mesmo permitiría crear unha nova edificación en planta baixa, integrada na contorna, que serviría como ampliación do actual centro sociocultural, moi pequeno para a actividade que se desenvolve no barrio”. O edil de CA recordou que o Pleno “acordou en 2020 retomar esta actuación, pero como é habitual o Goberno prefire incumprilo e andar agora buscando parches para resolver os problemas de aparcamento”.

Pequenas actuacións de mantemento

Ademais, a veciñanza de Sar ven denunciando “a acelerada degradación do tramo de Castrón Douro que acaba de ser acondicionado, por causa da frecuente presenza de vehículos estacionados nas beirarrúas que deberían ser mellor controlados”. Do mesmo xeito, falan de diferentes deficiencias  relacionadas coa falta de mantemento, como o desprendemento e rotura de lousas nas beirarrúas; o mal estado das pasarelas de madeira que cruzan o río e que son a única alternativa peonil á ponte de Sar; os frecuentes empozamentos no parque Marcial Villamor porque non está achandado: os corrementos de recheo nos empedrados nos accesos ás Brañas de Sar, que ainda non foron corrixidos. Na moción que defenderá no Pleno, Jorge Duarte tamén recolle as demandas da veciñanza para que se actúe sobre o encauzamento das augas na parte baixa da rúa do Olvido para paliar os riscos de inundación; e para que se adopten medidas contra a alta densidade de tránsito e os excesos de velocidade nas rúas Santas Mariñas, Picaños, Ponte do Sar e rúa do Sar, “que mesmo poñen en risco a conservación do rico patrimonio do barrio”.

Documentación
relacionada
PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A APROBACIÓN DUN PLAN ESPECÍFICO DE DIGINIFICACIÓN INTEGRAL DO BARRIO DE SAR
Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo