CA reclama un plan para a contratación de músicos e artistas locais durante as festas

  • Branca Novoneyra leva ao Pleno unha proposición na que pide que se destinen 250.000 euros a este programa, “para que o sector volva ter protagonismo nas celebracións”
  • Compostela Aberta lamenta que os artistas locais quedaran esquecidos durante a Ascensión, “rachando coas dinámicas impulsadas no pasado mandato para garantir a súa participación nas festas”

Compostela Aberta reclámalle ao Goberno local que poña en marcha un plan de contratación de músicos e artistas locais de cara ás próximas festas. A concelleira Branca Novoneyra lamentou que “no programa da Ascensión, a primeira celebración importante despois da pandemia, o sector foi totalmente esquecido, e esta tendencia debe ser corrixida de cara ao próximo Apóstolo”.

Branca Novoneyra denunciou a falta de colaboración cos músicos e artistas locais no que levamos de mandato, “en contra das políticas impulsadas durante o pasado mandato que puxeron no centro a este sector con diferentes iniciativas para darlle protagonismo na axenda cultural e festiva de Compostela”. Fronte a iso, sinalou a concelleira, “nas pasadas festas da Ascensión foi un clamor a ausencia dos músicos e artistas locais na programación, ata o punto de que a Asociación de Músicos ao Vivo emitiu un comunicado nas súas redes sociais mostrando o seu malestar e reclamando un maior compromiso por parte do Goberno”. Nese escrito, o colectivo lamentaba que non se lle dera continuidade ao chamado escenario Compostela É Música, que no pasado mandato lle deu visibilidade aos artistas locais na Praza do Toural durante as festas.

Por todo iso, a concelleira de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha proposición para reivindicar un plan de contratación de música e cultura ao vivo, dotado con 250.000 euros “que permita poñer en valor e darlle visibilidade ao talento creador que temos en Santiago, ao tempo que se contribúe á recuperación dun sector afogado pola pandemia da Covid”. 

Recuperar iniciativas pioneiras do pasado mandato

Branca Novoneyra lembrou que durante o pasado mandato “fíxose unha decidida aposta por unhas festas descentralizadas e participadas pola cidadanía, nas que tiveran un especial protagonismo as empresas e artistas da cidade”. Para iso, impulsouse o censo Compostela É Música, en colaboración coa sección local da Asociación de Músicos ao Vivo, “do que o Goberno tiraba para deseñar a súa programación cultural, e que agora semella que non está apoiando o Concello”. Froito desa colaboración, na Ascensión e no Apóstolo impulsáronse ciclos de concertos específicos, tamén denominados Compostela É Música; polos que pasaron ducias de artistas locais. Ademais, o censo tamén facilitaba outras contratacións para diferentes actuacións de rúa ao longo de todo o ano, “establecendo unha sinerxia positiva e dinámica entre a asociación de Músicos ao Vivo e o Concello, que neste mandato está a desaparecer e que urxe recuperar”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE INCLÚA NA PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DE SANTIAGO MÚSICA E CULTURA AO VIVO DE ARTISTAS E EMPRESAS LOCAIS

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo