CA reclámalle a Bugallo que cumpra o compromiso de destinar 3,5 millóns de euros máis a axudas directas á hostalería e ao comercio

Os remanentes de 5 millóns de euros que o Goberno negociou coa oposición hai só dúas semanas, serán finalmente de non máis de 2,5 millóns de euros
  • Compostela Aberta reclamará que a totalidade dos remanentes dispoñibles sexan para axudas directas e que se aprobe un modificativo do orzamento de 2021 para chegar á cifra comprometida coas asociacións de comerciantes e hostaleiros
  • María Rozas urxe a Bugallo “a deixar de practicar o trilerismo financeiro co que quere ocultar a súa mala xestión e co que leva meses vendendo as mesmas axudas como se foran novas”

Compostela Aberta denunciou hoxe “a falta de seriedade e a improvisación do Goberno de Bugallo, que dúas semanas despois de que a Xunta de Voceiros chegara a un acordo sobre o reparto dos remanentes municipais de 2020 vén de informar de que a cantidade dispoñible será menos da metade da prevista”. A concelleira María Rozas urxiu ao Executivo a “cumprir a palabra que lle deu aos grupos da oposición pero tamén, e sobre todo, aos sectores máis damnificados pola crise da Covid, aos que lles prometeu novas convocatorias de axudas directas con 3,5 millóns de euros procedentes deses remanentes que agora non existen”.

A concelleira de Compostela Aberta María Rozas explicou que fronte aos 5 millóns de euros de remanentes que o Goberno vén anunciando desde o mes de febreiro, “onte dísenos que a cantidade dispoñible será dalgo menos de 2,5 millóns de euros, aínda que en CA cremos que esa cifra pode ser aínda menor porque hai datos que non nos cadran e pediremos que nolos aclaren”. Para Rozas, “é inconcebible que o alcalde negocie coa oposición e mesmo lle traslade ás asociacións de comerciantes e hostaleiros a dispoñibilidade duns recursos que finalmente non existen porque Bugallo dedicouse a facer as contas da leiteira”. A concelleira lembrou, ademais, que o alcalde intentou vincular a negociación dos orzamentos á negociación dos remanentes “e agora queda demostrado que CA tiña motivos para non entrar nese xogo, porque claramente o Goberno non cumpriría a súa palabra, como xa fixo en relación aos orzamentos de 2020”.

“Bugallo practica o trilerismo financeiro”

María Rozas esixiulle ao Goberno que procure as fórmulas necesarias para cumprir o compromiso que adquiriu coa oposición e cos sectores da hostalería e do comercio, e destine outros 3,5 millóns de euros a axudas directas. Para iso, indicou, “será preciso utilizar toda a cantidade dispoñible dos remanentes, pero tamén habilitar algún modificativo dos orzamentos do 2021 que veñen de ser aprobados inicialmente”. 

Para a concelleira de Compostela Aberta, “Bugallo tén que deixar de practicar o trilerismo financeiro ao que nos tén afeitas para ocultar a súa mala xestión, e polo que leva meses vendendo como se foran novas as mesmas axudas para os sectores máis damnificados pola crise da Covid-19”. A maiores, lembrou que “o alcalde comprometeuse a sacar unha nova convocatoria a finais de marzo se contaba coa colaboración da oposición para aprobar os remanentes, o acordo para o reparto chegou o 23 de marzo, e a 7 de abril non hai nada feito porque nin sequera saben cantos cartos poden destinar a esas axudas”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo