CA reclámalle á Xunta “máis medios contra os incendios e políticas integrais que recuperen o uso tradicional dos montes e fixen poboación no rural”

  • Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción de urxencia na que recolle as demandas da Plataforma “Por un monte galego con futuro”

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022.- Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción de urxencia na que recolle as demandas da Plataforma “Por un monte galego con futuro” diante da vaga de incendios que nos últimos días están a asolar Galicia. O obxectivo é que a Corporación municipal inste á Xunta a, entre outras medidas, “reforzar os dispositivos de prevención e extinción durante todo o ano, actuar de xeito inmediato nas zonas xa queimadas para evitar a erosión dos solos, ou impulsar políticas estruturais para preservar a biodiversidade, restaurar os ecosistemas danados e recuperar os usos tradicionais e multifuncionais dos montes que contribúen a fixar poboación no rural”.

O concelleiro Xan Duro explicou que Compostela Aberta respalda o manifesto da Plataforma “Por un monte galego con futuro” ao que se lle deu lectura nas mobilizacións de protesta contra os incendios que están arrasando espazos de grande importancia natural nas provincias de Lugo e Ourense. O edil de Compostela Aberta incidiu en que “son xa máis de 1.500 persoas evacuadas, que se senten abandonadas e que ven que nin sequera hai medios suficientes para facerlle fronte ao lume, porque a realidade é que dos 7.000 efectivos previstos pola Xunta para aplacar os incendios, só están dispoñibles 400, un número irrisorio na situación que atravesamos”. Nesa liña, e tal e como se recolleu no comunicado, “solidarizámonos cos profesionais de prevención e extinción, que están a traballar en condicións de precariedade, abandono e falta de medios”.

Rural baleirado

Tal e como denuncia a Plataforma, integrada por máis de 50 asociacións, colectivos ecoloxistas, culturais, sindicais e produtores rurais, “están ardendo casas nun rural baleirado, arden sobre todo repoboacións de pirófitas que alteran os ecosistemas naturais dos espazos protexidos e que avocan ao lume ás carballeiras, soutos, uceiras e breixeiras mestas, que antes se xestionaban con gando e non ardían porque había gando no monte”. Por iso, incidiu Xan Duro, “urxe volver ao uso dos montes, como primeiro paso para que os propios montes teñan capacidade de limitar o alcance dos lumes, para defender as grandes xoias naturais de Galicia, a flora e a fauna ameazadas, e tamén bens materiais que son parte da nosa memoria, da nosa historia e da nosa cultura”.

O concelleiro de Compostela Aberta reclamoulle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, “que escoiten á Plataforma que nestes días lle está a reclamar medidas urxentes para frear esta situación e para impulsar un cambio radical nas súas políticas ambientais, agrogandeiras e forestais”

Na moción de urxencia rexistrada polo grupo municipal de CA ínstase á Xunta a reforzar, durante todo o ano, os dispositivos de prevención e extinción de incendios nos espazos naturais de maior valor ecolóxico e ambiental de Galicia; emprender accións inmediatas para evitar a erosión dos solos queimados; e a impulsar políticas estruturais para preservar a biodiversidade, restaurar os ecosistemas danados, recuperar os usos tradicionais dos montes e fixar poboación no rural. O texto tamén recolle o rexeitamento a que a Xunta siga empregando o monte galego como obxecto de especulación e á posibilidade de que a situación de desgraza ambiental derivada dos lumes dos últimos días sexa aproveitada para favorecer os intereses dos lobbys enerxético, mineiro, urbanístico ou forestal.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo