CA reclámalle ao Goberno que axilice o pago das axudas sociais a través do sistema do Anticipo de Caixa Fixa

María Rozas cuestiona que o Concello acordara introducir esta ferramenta en abril, na primeira vaga da pandemia, e non chegara a utilizala nunca
  • A concelleira de Compostela Aberta pídelle ao Goberno que utilice os anticipos de caixa fixa para abonar as prestacións de rescate social contempladas na Ordenanza Municipal de Garantía Básica Cidadá

Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana unha proposición na que insta ao Goberno local a incluír nas bases de execución do orzamento de 2021 a posiblidade de utilizar o sistema do Anticipo de Caixa Fixa para o capítulo das transferencias correntes e para axilizar o pago das axudas sociais. A concelleira de CA María Rozas lamentou que, pese a poder empregala desde o pasado mes de abril, o Concello non fixo uso desta ferramenta “que elimina a burocracia previa ao cobro das axudas para as persoas que se atopan nunha situación vulnerable, un colectivo que lamentablemente medrou neste ano a consecuencia da pandemia da Covid-19”

A concelleira de Compostela Aberta explicou que os Anticipos de Caixa Fixa “son un procedemento que aparece regulado na Lei das Facendas Locais, e que tén como obxectivo axilizar o pago de gastos habituais no funcionamento normal do Concello e de escasa contía, que se produzan de maneira reiterada como lamentablemente acontece coas axudas sociais”. Trátase dunha “provisión de fondos de carácter extraorzamentaria que permite atender os gastos de maneira inmediata, e que posteriormente se computan no capítulo de gastos correntes e bens e servizos, e que se deben xustificar cunha periodicidade establecida”. María Rozas lembrou que en abril de 2020, durante a primeira vaga da pandemia da Covid-19, o Concello acordou modificar as bases de execución do orzamento dese ano para incluír as instrucións de establecemento e xestión dos Anticipos de Caixa Fixa. Sen embargo, no pasado mes de outubro, o Goberno recoñeceu na resposta a unha pregunta formulada por escrito polo grupo municipal de CA que non tiña feito uso aínda desa ferramenta.

Axilizar as axudas sociais

Aínda que na modificación das bases dos orzamentos acordada en abril facía referencia á utilización do sistema de Anticipos de Caixa Fixa para gastos no capítulo de bens correntes e servizos, o acordo sinalaba que “de forma excepcional e motivada poderíanse imputar outros gastos” entre os que, incidiu María Rozas, poderían incluírse as axudas sociais. Para a concelleira de CA, “é difícil de entender que nun momento de crise como o que vivimos o Concello non aproveitara a ferramenta dos Anticipos de Caixa Fixa para axilizar o pago de determinadas axudas sociais, e preferira optar, nos momentos máis complicados da pandemia, por entregar vales de compra para o supermercado”. A concelleira insistiu en que o Goberno “non quixo utilizar as prestacións de rescate social que xa estaban reguladas pola Ordenanza Municipal de Garantía Básica, e que podería abonar de xeito inmediato a través dos Anticipos de Caixa Fixa, como fixeron outros concellos como o de Ames durante o estado de alarma”.

Tendo en conta que as consecuencias da pandemia estánse a alongar, Compostela Aberta demanda agora que as bases de execución do orzamento do ano 2021 contemplen xa a posibilidade de utilizar o anticipo de caixa fixa para o capítulo IV de transferencias correntes, e pídelle ao Goberno que empregue esta ferramenta contable para axilizar o pagamento das axudas sociais.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A IMPLANTACIÓN DOS ANTICIPOS DE CAIXA FIXA NAS AXUDAS SOCIAIS E PARA AXILIZAR O SEU PAGAMENTO.

Arquivado en:Facendamaría rozas
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo