CA reclámalle ao Goberno “unha maior implicación real no proxecto Compostela Rupestre”

  • Jorge Duarte denuncia que o Concello non está a facilitar a limpeza das áreas dos petróglifos, que custeará a Deputación, nin facendo divulgación do patrimonio

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte denunciou hoxe “a falta dun compromiso real do Goberno de Bugallo co proxecto do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, que se avanza é polo empeño das outras administracións implicadas: os concellos da nosa contorna e a Deputación da Coruña”. O edil de CA lamentou que “o Concello de Santiago non sexa quen nin tan sequera de facilitar a limpeza e mantemento das áreas dos petróglifos, ainda cando é o organismo provincial quen asumiu o custo destes traballos”.

No próximo Pleno, Jorge Duarte preguntarálle ao Goberno “que medidas vai tomar, e cando, para avanzar na limpeza e mantemento do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, e que actuacións concretas ten previstas para a preservación e divulgación desta riqueza patrimonial do noso municipio”. O concelleiro de Compostela Aberta denunciou que “ainda cando a Deputación da Coruña vai asumir os gastos da limpeza e mantemento das áreas dos petróglifos, o Goberno de Santiago non está sendo quen, nin sequera, de facilitar estes traballos resolvendo con dilixencia a tramitación das autorizacións pertinentes”, e incidiu na importancia de que “esa limpeza se poida facer de cara o verán no que se incrementa o risco de que o patrimonio arqueolóxico sufra danos por mor dos incendios”.

Sen avances en tres anos

Duarte lamentou que “nestes tres anos o Goberno de Bugallo demostrou unha verdadeira falta de interese no proxecto Compostela Rupestre, impulsado durante o pasado mandato coa sinatura dun convenio entre os concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra, e a Deputación da Coruña”.  Para o concelleiro, “boa mostra disto é que o Concello de Santiago non está a desenvolver actividades específicas de conservación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, ao contrario do que acontece noutros municipios próximos como Ames e Teo”.

Para o concelleiro de CA, “é fundamental que o Concello de Santiago se implique para que o Parque Arquelóxico Compostela Rupestre cumpra os obxectivos cos que naceu en 2018 para a promoción conxunta e posta en valor da arte rupestre na nosa comarca”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE O PARQUE ARQUEOLÓXICO COMPOSTELA RUPESTRE

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo